Fotograma do video de Louzan bailando un merengue que podes ver o remate des nova. |
O sábado pasado 23 de xullo o presidente da Deputación de Pontevedra e Concelleiro no Concello de Ribadumia Rafael Louzán Abal, “O Rabiso”, organizou unha festa nada mais e nada menos que para preto de 1000 persoas. Nos tempos de crise que corremos e cando o resto dos mortais nos mandan apretar o cinto Louzán” ten a “geta” de facer unha festa deste calibre no lugar do Atranco en Cabanelas donde se montou unha carpa xigante para albergar tal evento. Ali habia politicos de todos os concellos da comarca, evidentemente todos do PP, entre os que se atopaba como non tamén o noso Alcalde Luis Aragunde quen tamén gozou do pulpo e carne o caldeiro que desgutaron os ali presentes, non faltaron tampouco os empresarios amigos do de Ribadumia. A festa non lle faltou de nada , tunas, mariachis, conxuntos musicais etc. e durou ate as 8 da mañán. CONTINUAR LENDO...
1 comentario:
Parece mentira que vos extrañedes do dispendio do que fan gala os "politiquiños e caraduras que nos gobernan. Agardo pola xornada para as familias dos parados, que debe de ser a unica xuntanza que falta por celebrar. O malo e que os parados non son da sua corda. Os seus amiguiños xa os empregan nos concellos e nas diputacions.voufoos
Publicar un comentario