23 de set. de 2011

"ALBERTO NÚÑEZ FEIJOO QUERE ARRUINAR A SANIDADE PÚBLICA DE CAMBADOS":

O de esta mañá no Centro de Saúde de Cambados é unha mostra máis do que ven sucedendo nos últimos meses, a desorganización, falta de medios humanos e materiais, e nula operatividade da sanidade pública de Galiza por mor dos recortes / tixeretazo ós pilares básicos do estado do benestar que o PP quere arruinar. Non hai sustitutos, nin personal dabondo, nin organización, porque non se pode ofrecer calidade senón hai personal nin cartos con quen pagalos, porque se gastan en chóferes coma o que vai a recoller o inútil, sí, digo inútil 
do SR.TOURÍS que tódolos días vai a súa casa de campo a recollelo nun Citröen de 65.000 euros para levalo a Pontevedra, eso o pagamos nós. Penso que o Sr. Tourís ten os cartos coma castigo e pode mercar un e desplazarse 20 km. para ir ó seu traballo, pois non, do que falaban do Bipartito eles ademáis de repetilos mesmos erros os multiplican por 10.
Coma non conozo se ten algún problema de saúde, polo que non lle recomendo que visite o Centro de Saúde de Cambados, porque tería que pasar toda a mañá para ir ao médico e non podería facelas súas labores, pos que viva coma calquera Funcionario Público en Pontevedra, pero claro é un ALTO CARGO E TEMOS QUE FINANCIAR A SÚA VIDA DE POBRE.
A miña solidariedade cos mestres que hoxe están en folga, e cos médicos que non teñen culpa algunha do que acontece, cando non hai xestión nin organización, e queremos converter isto nun gulag privatizado.
Un comentario de OSCARMAN recollido do libro de vistias www.cambados.tk 

Touris e seu chófer.

Ningún comentario: