23 de set. de 2011

DOUS CAMBADESES EN POSTOS ALTOS DE DERECCIÓN NO I.S.M. DE BAMIO

Alfonso Prado, primeiro pola esquer-
da e Carmo Castro, primeiro pola
dereita.
Os alcaldes que onte acudiron ás instalacións do ISM de Bamio tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o funcionamento do centro e tamén os datos que se manexan en canto a participación e celebración de cursos a cargo dos cambadeses Alfonso Prado (ainda que natural de Vilanova pero afincado en Cambados ) e Carmelo Castro. Carmelo Castro sinalou que a media de experiencias formativas que se realizan ao ano é de máis de 200
e que son ao redor de 2.200 ou 2.300 alumnos os que participan nas citadas actividades.

En Bamio impártese formación non regulada polos FP dirixida principalmente aos traballadores en activo. Como exemplo diso, todos os mariñeiros enrolados nos barcos de altura e baixura da Ría de Arousa pasaron nalgún momento
por este edificio para obter o seu certificado correspondente.

No ISM impártense cursos de formación continua que van desde seguridade marítima (ámbito no que son referentes en toda España), sobre o sistema mundial de socorro e formación en máquinas.

Carmelo Castro apuntou tamén a que o 40% dos alumnos que acoden a Bamio son galegos, pero que tamén existen convenios con outros puntos de España e ata que chegan ata este enclave alumnos do norte de África e de Iberoamérica.

Aparte das actividades e accións formativas que se poidan realizar en Bamio, o Instituto Social da Mariña tamén conta cunha base de operacións no peirao antigo de Cambados no que se gardan os botes, así como as distintas casas do mar que hai repartidas por toda a provincia marítima de Vilagarcía, onde ten impartido e imparte clases Alfonso Prado.

No Centro Nacional de Formación Marítima de Bamio existen varios departamentos de formación que van desde a seguridade e transportes marítimos; máquinas e sistemas; navegación e comunicacións marítimas e sanidade marítima.
Os responsables do Instituto Social da Mariña destacaron a gran capacidade dos profesionais que traballan no centro de Bamio, así como a calidade das súas infraestruturas envexables para a organización de calquera tipo de evento.
Alfonso Prado explicándolle os Alcalde o funcionamento
do Centro.

Ningún comentario: