23 de set. de 2011

A VOZ DE AROUSA OMITE NOVAS DO BNG DE CAMBADOS NA EDICIÓN DIXITAL

Unha man negra anda por Internet
A Voz de Arousa, non sabemos si voluntaria o involuntariamente (inclinamonos por esta derradeira opción)  e por  segunda ocasión  no prazo de tres días omite novas do BNG na súa edición dixital, a primeira foi nantronte cando na edición impresa fixo un bo seguimento da nova do fraude cometido polo Concello de Cambados coas lista de invitados do Albariño, en troques non foi subida o seu portal dixital e outra hoxe mesmo  coa tema referente as bolsas de estudos que propón o BNG que se faga,  que sí sae na edición
impresa pero incomprensiblemente  tampouco se publica na edición dixital, eso non pasa coas novas  do PP por exemplo ou das notas de prensa do Concello de Cambados. Esperemos que sexa un omisión involuntaria e que no futuro se corrixa esta omisión senón a pluralidade informativa neste diario ficaría en dúbida. A voz vense a sumar así o Faro onde as novas do BNG practicamente omitense por norma ou por sistema. E que se me entenda respeto os traballadores da prensa comarcal poreque ademais coñezo a maioria de les e sei que son grandes profesionais do medio e incluso algúns eran merecedores de medrar, pero a "puñetara  liña editorial" na maioria dos casos limita o traballo destes grandes profesionais que están chamados a maioria deles a facer grandes cousas dentro do periodismo.

Ningún comentario: