18 de set. de 2011

ANA ISABEL CARRO XA NON TRABALLA NA XEFATURA DO GABINETE DE TOURIS SEGUNDO DERRADEIROS RUMORES EN CAMBADOS

Alo por maio do 2009 o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, incorporaba ó seu equipo a Anabel Carro, concelleira que fora de Cultura de Cambados. Esta informaba  ós medios de comunicación que traballaria na xefatura de gabinete, actuando de bisagra entre o delegado e os funcionarios.Carro renunciara previamente  á súa acta no Concello. A marcha de Anabel Carro obrigaba a reestruturar o organigrama do equipo de goberno de Cambados, que encabezaria  Luís Aragunde.
Dende logo o BNG de Cambados non vía a marcha tan idilica  e segundo o concelleiro nacionalista, Víctor Caamaño, a transición de Tourís non foi tan tranquila como se aparentou mais ben todo o contrario . Segundo Víctor Caamaño a renuncia de Anabel Carro como primeira tenente de alcalde e concelleira de Cultura demostraban  conflitos de intereses entre os membros da corporación local. Carro era a segunda na lista local de Cambados polo que lle correspondía substituír ao primeiro edil, José Manuel Cores Tourís, foi o terceiro na lista do PP local, Luis Aragunde o que ostenta agora o cargo de alcalde, trala renuncia “forzada”  de Anabel Carro. Practicamente duas anos despois , por razóns que se descoñecen Anabel Carro segundos insistentes rumeros que circulan polo pobo “causou baixa” no seu posto, e salvo milagre de derradeira hora acabouselle a carreira politica a exedil popular. Aragunde saeuse coa súa, defenestrar por duas veces a Anabel. 

Ningún comentario: