18 de set. de 2011

A HISTORIA DO APELIDO CHARLIN - A SUA ORIXE EN CAMBADOS



O apelido Charlin é unha das tantas formas casteláns derivadas do nome propio francés “Charles”, que é o mesmo que en español coñecemos por Carlos e derivado do xermano Karl que siginifica “home”. O nome Charles adquiriu gran popularidade pola tradición e o culto de Charlemagne (Carlomagno) sobor de todo en Francia, fundador do imperio Carolingio do que formo parte a “marca” de España, en Cataluña. O apelido Charlín entón é de orixe patronímico, derivado do francés Charles, co sufixo “-in”, de siginificación diminutiva, polo que sen dúbida o primeiro individuo, que o levou, era indentificado como “fillo ou descendente dun chamado Charles”.
Do nome do bautismo dos soldados, os aventureiros, os labradores, que chegarón a España, xurdiron derivados que non son mais que adaptacións dos nomes orixinais, modificados pola influencia do idioma; especialmente pola veciñanza con Francia, moitos nomes e apelidos transformáronse ao influxo do castelán e outras formas idiómáticas como o catalán.
No índice de expedientes persoais do “Arquivo Xeral Militar de Segovia”, onde figuran nomes dos que siriviron baixo as bandeiras do Real Exército Español, está rexistrado o nome de Fernando Charlín, do Clero Castrense, no ano 1872. Dous recordados portadores deste apelido foron: Juan Charlín, agrónomo e publicitsa chileno, nacido en 1846. Entre as súas obras cítanse: “A viña e o viño”, “Leccións prácticas de agricultura”, e “Horto froiteiro”. E Juan Luís Augusto Charlín, grabador francés que en 1815 executou 17 planchas en cobre para a calcografía do Museo do Loubre (ilustración da obra Recueil deas Observatións qui ont été faites en Egypte pendant L´Expédition de L´armée française). O escudo descrito a continuación corresponde ao da familia Charles. Os siguintes apelidos son derivados de Charles: Charlan, Charlana, Charlez, Chardin, Chardón e Charlín  usan o mismo escudo de armas.
BRASÓN DE ARMAS: En sinople, unha doncela espida atada cunha cadea polo pescozo.
TIMBRE: Tres plumas de avestruz.
ORIXE: España.
ANTECEDENTES HISTORICOS EN CAMBADOS:
Manuel Charlin do que descoñezo a idede, veciño de Cambados (non consta a natureza pero probablemente non fora de Cambados) e Francisca Reino, natural e veciña desta vila, tiveron un único fillo que se chamou José Charlín Reino o cal naceu no ano 1852. José  en ano que descoñezo (toda vez que non consta o seu matrimonio no Rexistro Civil de Cambados), e veciño da Rua Rodas de Fefiñans (ou sexa o que hoxe é Triana), casou con Benita Romero Bea nacida en 1853 veciña de Santo Tome. Estableceronse en Fefiñans e tiveron nada mais e nada menos que sete fillos, que son por orden de nacemento:
Ramón Charlin Romero, nacido o 7 de setembro de 1879, deu orixen os “Camareros”
José Charlín Romero, nacido o 20 de marzo de 1881.
Manuel Charlin Romero, nacido o 17 de maio de 1884, deu orixe as “Oristilas”
José Benito Charlin Romero nacido o 21 de marzo de 1886
Peregrina Charlin Romero nacida o 16 de setembro de 1887
Luis Charlin Romero, nacido o 17 setembro de 1989, deu orixe os “Camineros”,  e
Eduardo Charlin Romero, nacido o 8 de marzo de 1894, que deu orixe os “Chuchuneros”.
Estes setes irmans foron os que propagaron o apellido Charlín por Cambados e o 99.9 % da xente que así se apelida no nasa vila teñen como tronco comun a José Charlin Reino e Benita Romero Bea. Eu personalmente son neto de Eduardo e fillo de José Charlin “Fontán” de 94 anos, probablemente o Charlin de mais idade. Polo que a partir destes datos  calqueira que teña interés pode chegar fácilmente a ser quen era o seu avó o seu bisavó. Ou sexa que todos os Charlins dunha maneira ou doutra somos familia en Cambados, xeito lóxico doutra banda.
Para tirar mais para atrás no tempo hai que ir  xa os arquivos eclesiásticos, posto que o Rexistro Civil en España comenzou a partires de 1870. 
Arriba o escudo do apelido Charles que é o mesmo que o do apelido Charlin, debaixo outro escudo que atopei en Internet do apelido Charlin, pero eu, personalmente inclinome mais polo primeiro.

Ningún comentario: