21 de set. de 2011

ARAGUNDE DESPREZA OS VITICULTORES PARA ESTAR O LADO DO CONSELLEIRO JUAREZ

O Alcalde de Cambados, ese que se di gran defensor do Albariño ese que invita a papatoria a todos do PP para defender e propagar o Albariño, realmente cando se ten que poñer o lado dos viticultores fai “mutis polo forro” e pecha filas detrás do cu  do conselleiro do PP, conselleiro que segundo o sindicado  Unións Agrarias  quere que pouco menos criminalizar os viticultores e apoiar a especulación.  Segue asi Aragunde  a estela do seu antecesor  o “hiperdelegado” Touris que prometeu a sede do Consello Regulador para Cambados, e rematou chupandolle a “man” a Fraga en detrimento da “especialista en beber viños” Marisol Bueno.
Nos momentos en que ten que dar a talla Aragunde agochase dun xeito vergonzoso, de todos é sabido que este ano van quedar miles de quilogramos de uvas nas parras,  hai familias que van deixar nas parras ata 15.000 qgs. de uvas ca perda que supón eso para os seus bolsillos. Aragunde fai cos viticultures cambadeses o que Neptuno fixo co seu fillo , devoralos e abandonalos a súa sorte, ou sexa a ruina economica e que se lle pudran as uvas nas parras.
As declaracións realizadas polo conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, pedindo aos viticultores que sigan as regras do xogo, o mesmo día da manifestación convocada por Unións Agrarias, non sentou nada ben nas filas destas organización que onte mesmo arremetía contra o político. O conflito pola negativa do órgano reitor da DO Rías Baixas a aumentar a cota de uva non se tranquiliza. O secretario xeral de UUAA informaba o pasado luns, no marco da manifestación e “tractorada” por Pontevedra, que denunciarán a un grupo de adegueiros ante a Fiscalía por vetar maiores incrementos e, xa que logo, “alterar ou prezo dá uva artificialmente”. É máis acusaba á propia Consellería de Medio Rural de ser cómplice desta situación. 



Ningún comentario: