21 de set. de 2011

TREIXADURA NO SAN FROILAN

Treixadura (Foto Apariz)
 O CONTRARIO QUE CAMBADOS, LUGO APOSTA POLOS ARTISTAS DA NOSA TERRA
O programa de concertos do San Froilán case está pechado ao completo. Desde o Concello aínda esperan que a Xunta anúncielles algunha actuación estelar, pero a área de Cultura levará á comisión de festas as últimas contratacións para pechar o cartel, que xa contaba con: Vetusta Morla (día 7, ás 21.00 horas no Pavillón Municipal e de pago) The Peppers Pots (día 7, ás 22.00), Arizona Baby e Os Coroas (día 6, 20.30 na Horta do Seminario), Os Diaños (día 8, 20.30, Horta do Seminario), Lucía Pérez (día 11, 20.30 horas na Horta do Seminario), Luz Casal
(día 5, 21 horas no Pavillón) e numerosas actuacións de grupos e artistas folk (Budiño, Kepa Junkera, Lamatumbá, Os Cempés, Deus ke che crew, Uxía, Berrogüetto, Miro Casabella, , entre outros).
O día 9 de outubro Treixadura estará no San Froilán e actuará concretamente na Praza de Santa Maria, para presentar o seu novo disco “Esa si que é muiñada”,  ignoramos polo momento a hora, cando a saibamos comunicaremola a todos.

Ningún comentario: