21 de set. de 2011

CHARLA SOBRE O DESMANTELAMENTO DA ÁREA SANITARIA DO SALNÉS , MAÑÁ ÁS 20.30 H. NO AUDITORIO DE VILAGARCIA.

Preme na imaxe para vela ampliada
A Plataforma do Salnés en defensa da Sanidade Pública chama as e os vilagarciáns acudan a charla que maña se fará no Auditorio de Vilagarcía de Arousa, ás 20:30 h. para explicar o que significa o desmantelamento da Área Sanitaria do Salnés en lugar de darlle máis autonomía para que se fixera cargo da atención primaria do seu territorio e consagra a existencia de territorios de primeira e de segunda na atención sanitaria e fai oídos xordos ás demandas dos profesionais e doentes do Salnés, que reclaman unha área de xestión propia .
Na Charla falará Manuel Gónzalez Moreira, médico de atención primaria e representante de CIG Saúde.A Plataforma do Salnés en defensa da Sanidade Pública organiza mañan unha charla na que explicara o que significa a desaparición da Área Sanitaria do SalnésA existencia da Área Sanitaria do Salnés significa dotarnos de todos os servizos que elo conleva: dende a atención primaria ate a xestión do Hospital do Salnés.A Xunta de Galiza acaba de sacar un decreto que deixa sen contido e valeira o control de todo o referente a Área Sanitaria do Salnés, pasando a depender como xa fai anos atrás do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP); cando sabemos o que isto significa, deixar de facer inversións e de prestar servizos na nosa comarca, e dedicar todos os investimentos a construción do novo Hospital de Pontevedra en Monte Carrasco coa xestión privada do mesmo.A Xunta de Galiza no que eles están a chamar “reorganización” está a eliminar as ambulancia do 061 de transporte urxente co que isto significa. Con esta política está a deteriorar en tódolos aspectos a sanidade pública.O Hospital do Salnés ca xestión directa que coñece as necesidades ten que dar cas carencias e o resultado total da atención sanitaria que precisa a poboación.As deficiencias que temos no Hospital significan inversión que non se fixo: cardioloxía, ampliación de urxencias, especialidades, quirófanos, máis camas...a estrutura organizativa ten que estar co propio control do centro e mirar polos servizos que corresponden ao Hospital: Área propia, xestión propia.A xestión propia e a área propia significa que se ten en conta a dimensión das deficiencias de atención primaria nos concellos da Área Sanitaria do Salnés (Vilagarcía de Arousa, Cambados, Catoira, A Illa de Arousa, Vilanova de Arousa e Ribadumia): pediatría, máis médicos, máis centros de saúde (Vilagarcía de Arousa)...Porque o decreto significa o abandono do Hospital que tanto nos custou conseguir e que significa un referente propio vixente na nosa comarca.

Ningún comentario: