21 de set. de 2011

UNHA FOLGA SENSATA CONTRA UNHA POLITICA NEFASTA

A MIÑA TOTAL SOLIDARIEDADE CO PROFESORADO EN FOLGA
Hoxe os mestres galegos van facer unha folga sensata, necesaria, ecuanime, a prol do ensino público, en fin podiamos seguir poñendo calificativos a esta reivindicación dos docentes todos eles xustos, menos ún , esta non é unha folga politica como nos quere facer ver o PP e o impresentable do Conselleiro de Educación, quen precisamente anda a dicir por medio da prensa do réxime que esta é unha folga politica e o malo é que esta bailalle a corda.
E fala él de facer politica este que pertence a un partido que nos goberna nefastamente durante dous anos levándonos a niveis  do umbral da pobreza en Galicia, estes que queren privatizar a educación para lucrarse, estes que pretenden privatizar a sanidade para lucrarse, estes que privatizan os servizos dos concellos para lucrarse, estes que queren eliminar o galego do ensino e das nosas vidas, a isto  eles non lle chaman facer politica, chamanlle "gobernar", pois non isto se é facer  politica  ,  isto en definitiva é facer politica da mais rastrera. O colectivo do profesorado ata o de agora está a sufrir  unha serie de inxustizas tales como que lle baixaran o soldo un 7% (cando os politicos o aumentan ahí temos a Alcaldia de Cambados,  un pobo de apenas 14.000 habitantes que lle custa os cidadáns 10.000 euros mensuais),  ou que lle eliminaran o sistema de pensións  que tiñan asinado, ou o aumento de carga lectiva ou que teñan que facer  de "vixiantes" dos nenos dende o autubus o centro, a ainda hai algún desalmado que tacha esta folga de politica. eu dende logo dixenlle a miña filla que respetara a actitude dos mestres expliqueille que eran unhas reivindicacións moi xustas, comprendeuno perfectamente e deille liberdade para asistir ou non a clase. Parafraseando a Bécquer  e dirixindome o incalificabel Conselleiro de Educación "Preguntaste que é politica, política eres ti". 

Ningún comentario: