26 de set. de 2011

ASOREY, MANOLO PAZ E FRANCISCO LEIRO ESTARAN PRESENTES EN “GALLECIA PÉTREA”.

Asorey, Paz e Leiro
O GRAN ESQUECIDO DA EXPOSICIÓN O CAMBADÉS "NARCISO PÉREZ"
A sede museística do Gaiás abrirase coa que pretende ser  a mostra "máis ambiciosa" da historia galega . "Gallaecia pétrea", pensada para durar varios meses, incluirá talleres de canteiros e ata algún castro.
O presunto “mauseleo de Fraga” que os populares veñen a denominar algo así como sede museistica de Gaiás, todo un exemplo de austeridade do Partido Popular  prevee a
celebración de “Gallaecia pétrea” a súa primeira exposición.
O primeiro traballo  sempre é a máis difícil, porque significa lidar cun espazo "que non está rodado" e "o reto" máis, sinala, "polas circunstancias económicas nas que vivimos"? asúmeo Miguel Fernández-Cid, director da Fundación Torrente Ballester. Non estará só na aventura que se chamará "Gallaecia pétrea", porque a envergadura do proxecto ocupará o "edificio enteiro" para unha estrea "ao grande" require da colaboración doutros cinco comisarios historiadores e un xeólogo. A mostra pódese definir como "a máis ambiciosa" das que se fixeron no país, "desde o punto de vista científico, didáctico e artístico". 
Narciso Pérez
Non será, di Fernández-Cid, unha "Galicia no tempo II". A protagonista é a pedra, pero a mostra non se limitará a "mostrar as obras máis importantes feitas en Galicia desde a prehistoria ata antonte", afirma. A formulación é outra, pero "indiscutiblemente galego", aínda que os límites xeográficos serán máis amplos que as fronteiras actuais.
"A exposición está falando de cultura galega, de identidade galega, de principio a fin e iso é o que nos gustou", explica. E como os temas enténdense mellor se os explican desde a súa orixe, "Gallaecia pétrea" empezará cun apartado de xeoloxía, para explicar os tipos de pedra ou as paisaxes. Porque, recorda Fernández-Cid, a pedra é tamén "industria" para Galicia. Por iso, haberá talleres de canteiros ademais dunha selección "rigorosa" de pezas, tal vez 250, que aínda están en negociación con museos e outras institucións. Aínda que o percorrido será cronolóxico, haberá cortes "transversais" para explicar, por exemplo, como se construían os muros en diferentes épocas.
Asorey estará, Manolo Paz ou Leiro, tamén que de momento faltará a este cita outro escultor de Cambados ben famoso que non é outro que Narciso Pérez, un gran escultor coa pedra. . Da época contemporánea encárgase o propio Fernández-Cid, quen engade que a catedral de Santiago, que ten que estar, pero non se pode levar ata o Gaiás. Buscarase, explica, algún xeito de substituíla. O que si podería estar, aínda que se mostra cauto, é un castro ou unha parte del. "Claro que non imos trasladar ningún. Intentaremos ver se existe algún elemento nun almacén", explica. En todo caso, as obras, afirman, "teñen que ser moi rotundas" e hai que escoller con coidado o seu emprazamento, porque a arquitectura é espectacular e o comisario insiste en que non quere "anular o espazo", consciente tamén de que moitos acudirán atraídos por el.
O obxectivo é que albergue como mínimo unha exposición "de referencia" ao ano "situándoo no circuíto internacional". Ademais, búscase colaborar cos grandes museos en dúas liñas, din en Cultura: mediante a cesión temporal de pezas e a través da posibilidade de que as exposicións en itinerancia soliciten no Gaiás.

Ningún comentario: