O vindeiro quince de outubro o grupo Treixadura actuará en Santiago onde participara nunha homenxe que se está a preparar a un dos que fora membro deste grupo o malogrado Morgan (foto que ilustra a nova), e a quen tamén lle adican unha preciosa peza no seu derredeiro disco “Esa si que é muiñada”, titulada “Canto do Meu compañeiro”. Tamén participaran neste evento outros moitos grupos de música tradicional do pais, esto é todo o que sebemos ate o de agora e que nos foi comunicado a través do facebook de Treixadura. Cando saibamos mais novas o respecto faremolo saber.

Ningún comentario:
Publicar un comentario