25 de set. de 2011

UN VIDEO “REVELADOR”

Fotograma do vídeo
En data 11/08/11, un tal Gsucho subiu na súa canle de you tube un video donde se aprecian a unha serie de mozos de distintas localidades golpeando fortemente unha das barras situadas na Praza do Castriño, que antiguamente os de Unha Grande Chea denominabamos “A Quintana” e ademais presentaba o video con estas verbas q destroyer d mañaneo rompemos todo non pajamos nada, tubieron q aparecer los verdes y los munipas d antidisturbios y por poko atrapan todos.  Segundo  rumores bastante fundados que están a circular polo pobo,
este video deu orixe a unha investigación policial que comenzou a dar os seus froitos e xa hai unha serie de persoas que estaban no lugar identificadas e  o parecer denunciadas. Os danos que se presume  causaron as dúas barras ali existentes superan os 2.000 euros.Os mesmos rumures din que polo de agora hai implicada xente de Cambados, Ribadumia, San Miguel de Deiro,  Vilagarcia, Santiago e A Coruña e non se descartan novos implicados. Hai cousas que non se deben nin se poden subir a you tube porque como se ve podenche acarrear moitos porblemas. Se queres ver o video en cuestión que a data de hoxe ainda estaba pendurado, preme AQUÍ.

Ningún comentario: