25 de set. de 2011

TRIANA RECUPERA A FESTA DAS ANGUSTIAS

Manolo dirixindo o Paso da
Virxe das Angustias.
Fai moitos anos que non se celebra no barrio de Triana a que era a súa festa por excelencia a da "Virxe das Angustias" (lembremos que San Bieito é festa de todo Fefiñans), eu non sei pero debe facer uns vinte ou mais anos que non ten lugar,  cando o derradeiro presidente da comisión de festas Chicho Sanisidro, deixou de facela. As datas  de celebración deste evento era dentro da primeira quincena de outubro. Este ano renace a festa grazas as mozas portadoras deste paso na Semana Santa cambadesa e de Manolo , o da Floresteria Tabaiba
sita na rúa Sevilla, gran recuperador dalgunhas das tradicións desta vila que se foron perdendo. En principio os actos serán principalmente relixiosos e constarán de misa , e logo procesión en hora por determinar e  o remate da mesma o reparto dos típicos "Bolos preñados" que tamén se facia antiguamente. Imaxinamos que temén participará algún grupo folclórico ainda por determinar. Esperemos que esta nova comisión non cometa os erros das outras que hai en Cambados  e invite a procesión o xefe da oposición , e que non só se invite o Alcalde. Alegrámonos por esta nova e esperemos que o tempo respete os actos que se van celebrar e non se descarta que no futuro este festa vaia a mais e remate tamén habendo verbena popular, a derradeira gran actuación que ainda se lembra no barrio foi a do mítico "Jon Balan". Parabéns de antemán os organizadores.

Ningún comentario: