![]() |
| As adegas grandes comense os colleiteiros. |
Rematou a Vendima e con ela enterráronse tamén as ilusións de centos de veciños da comarca que ven apodrecer a súas uvas colgadas das parras. As adegas e a Denominación de Orixe, que eles con suor e bagoas axudaron a crear, déixaos sen remedio tirados no camiño, estragando o traballo de todo un ano, coa conseguinte repercusión nas súas maltreitas economías familiares.
Onde quedan aqueles anos onde os ínclitos Rafa Louzán, Marisol Bueno, Horacio, Tourís etc,
subvencionábanse eles mesmos, facendo adegas de nomes “divinos” con cartos de todos os pequenos colleiteiros.
subvencionábanse eles mesmos, facendo adegas de nomes “divinos” con cartos de todos os pequenos colleiteiros.
Que tempos aqueles cando a nosa Marisol era propietaria dunha plantación de “kiwi” e o mesmo tempo era presidente do Consello “Desregulador”. Claro así non pudia seguir e tivo que plantar albariño, subvencionado como non.
Que pintan en algunhas adegas do Salnés en plena Vendima camións cisternas cunha mangueira conectada o seu interior?. Segundo as malas linguas é viño do sur de España a 0,25 céntimos o litro.
Como se pode permitir que os señores faudais desta comarca teñan exceso de cota en quilogramos de uva nas súas plantacións?(Subvencionadas claro). E namentres ós agricultores que son realmente os que viven disto non se lles recolle a uva, e por riba despois vanlle encher as furnas.¡que magoa verdade!. Sarna con gusto non pica.
Que imos a facer candos os milleiros de hectáreas de nova plantación de viña que se están a facer empecen tamén a parir viño?.É igual, tanto da, cunha multa para a adega arranxase o asunto.
Que pasou coa mesa do viño creada polo bipartito onde se acordou non pagar menos dun euro a quilogramo de uva e onde se comprometeron a pagarlle os colleiteiros todo máis tardar o ano seguinte?. Hai colleiteiros que levan dous anos ou mais sen cobrar, así calquera é presidente do Consello “Desregulador”.
Porqué cos millóns de quilogramos de uva que se colleita cada ano segues indo o super e unha botella de albariño non baixa dos oito ou dez euros?. E non digamos xa nada nun restaurante onde hai que afrouxar doce ou catorce euros.
A xunta comprou o Pazo de Torrado para albergar o Consello Regulador. Porqué o devandito Consello situase en Pontevedra, onde non se colle nun un miserable acio de uvas?. Se vos acordades, iso foi unha baixada de pantalón do noso exalcalde Tourís perante a expresidente do Consello “Desregulador” dos “Kiwis”.
E como colofón a todas estas estas reflexións: Como se permite que a festa do Albariño sexa o “maior botellón” que hai en España xerando unha débeda para as arcas locais de vinte ou trinta mil euros, cada vez que se fai?.
Menos os catro anos que estivo gobernando o bipartito, que pouco puido facer para mellorar a situación, pois non lle deu moito tempo.
Esta “fabulosa” xestión do viño na comarca debémoslla os interrompidos gobernos do Partido Popular, que con “moi bo” criterio malgastan os cartos de todos, e no mellor dos casos métennos no seus petos.
Parabéns, sigan así, isto vai vento en popa como din os mariñeiros, que xa algún albariño beben.
MARTÍN COBAS, TROBADOR DOUTRO SÉCULO.
NOTA DE "A TI MEU CAMBADOS": Martin Cobas, e un dos novos colaboradores deste espazo web, un cambadés, non lego pero que estudou na universidade da vida e ten as súas inquedanzas por escribir e comunicarnos o que el sinte, de agora en diante leeredelo máis veces.
NOTA DE "A TI MEU CAMBADOS": Martin Cobas, e un dos novos colaboradores deste espazo web, un cambadés, non lego pero que estudou na universidade da vida e ten as súas inquedanzas por escribir e comunicarnos o que el sinte, de agora en diante leeredelo máis veces.


Ningún comentario:
Publicar un comentario