23 de set. de 2011

A XUNTA PON O BORDE DO ABISMO OS XULGADOS DE AROUSA

Preme na imaxe para vela ampliada.
O que nos prometia Feijoo antes de tomar posesión como presidente da Xunta no senso de que ia arreglar Galicia nun prazo de corenta e cinco días estáse a converter en todo un desastre nacional. Os xulgados de Arousa, como os de toda Galicia tampouco se salvan da queima e así atopamonos situacións tales como:
XULGADO Nº 3 DE CAMBADOS.- Na eliminación das prazas de personal de reforzó anunciados (40 en toda Galicia), levase por diante un reforzo neste xulgado que como todo o
mundo sabe tamén é de Violencia de Xénero, o Xulgado quedase case que en cadro xa que na actualidade están a traballar no mesmo duas persoas en civil e duas en penal das que unha delas é a de reforzó, amén de dous axentes xudiciales que como se sabe non está entra as súas funcions tramitar asuntos, despois non nos extrañamos si xurden incidentes como o do ?Caso Maiz?. Si á complicada violencia de xénero lle sumamos as causas que se levan por narcotráfico, e o traballo que entra cada día que en época de crisis sempre se incrementa como non se tomen solucións moi urxentes este xulgado pode verse avocado ó colapso. Hai que facer constar que neste xulgado cesou un Xestor Administrativo e non lle nomearon sustituto, e unha das tramitadores está a facer un curso de adaptación que rematará a finais de outubro. Polo xuiz e secretario estánse a facer todos os esforzos posibles para subsanar estas eivas habendolle comunicado tanto verbalmente como por escrito o problema pero a administración non ofrece solucións. O mais curioso do caso é que no mesmo edificio dos xulgados de Cambados mantense unha praza de reforzo no xulgado Nº 2 de Cambados e outra no Decanato de Cambados, as dúas necesarias tamén, pero a CIG preguntáse, que criterio segue a Conselleria de Presidencia e concretamente a Dirección Xeral de Xustiza para eliminar reforzos amiguismo?, enchufismo?, indiscrimianción?, ignorancia? Ou eliminanse sen mais de xeito indiscrimiando como está a ocorrer en eduación e sanidade. Insistimos as prazas que non se suprimiron son ncesarias pero a do xulgado Nº 3 de violencia de xénero é VITAL. En total eliminanse oito prazas de reforzo na provincia de Pontevedra unha delas é a referida anteriormente.
No resto dos xulgados, está solicitada tamén unha praza de reforzó no número catro e outra no número 1 que obviamente non concederon nin creemos que concedan.
Xa denunciamos fai un tempo a falta de espazo material para archivar asuntos e pezas de convicción, foron pedidos arquivadores a Dirección Xeral de Xustiza e manifestaron que non hai estanterías para enviar , estó xa é colmo.
Feijoo está cego de poder.
A SITUACIÓN DOS XULGADOS EN VILAGARCIA
En Vilagarcia en canto a carga de traballo están saturados os tres xulgados, os funcionarios non dan mais de si, e xa é oficial o anuncio da Conselleria da non Creación do Xulgado Nº 4 desta vila cando todo xa estaba feito, a conselleria botalle a culpa o Ministerio e o ministerio non sabemos a quen lle bota a culpa pero o problema segue sen solucionar.
A C.I.G. propón unha boa solución en tanto en canto non se cree o xulgado e tendo en conta que a Conselleria da Presidencia dice que ten “boa vontade” para a creación dos xulgados, segundo ela mesma di, propoñemos que se incremente cada xulgado con dous funcionarios de apoio en tanto en canto non se proceda a tan ansiada creación e logo unha vez se cree o devandito xulgado, estes funcionarios pasen a formar parte dese novo xulgado. Se hai vontade hai solucións. Pero moita vontade non hai cando fai mais de tres meses que está unha funcionaria de baixa no Xulgado Nº 1 de Vilagarcia e non lle nomearon a ningén na súa sustitución.A Xunta de Personal de Xustiza reunida onte en Pontevedra, acordou entre outras cousas convocar unha xunta de personal extraordinaria en Vilagarcia para o vindeiro 28 de setembro as 9 de mañá como único punto do orde do dia a situación dos xulgados en Arousa e a NON creación do Nº 4 en Vilagarcia, ademais acordou oficiar a Xunta queixandose pola supresión dos reforzos e en concreto da praza do Xulgado Nº 3 de Cambados.
Queremos criticar tamén o tan manido mensaxe da Xunta de que non hai cartos, pero si hai cartos 800.000 euros para donar a unha entidade privada como a Sociedade Cultural de Cambados, si hai cartos para o ensino privado, outros 800.000 euros, si hai cartos para facer festas para 1000 persoas como fixo Louzán a principios de Xullo en Cabanelas-Ribadumia, para contratar publicidade institucional vanal , viaxes electorais do Presidente Feijoo a Sudamerica, manter unha alcaldía dun pobo como o de Cambados (10.000 euros o mes), ou ter dos chóferes as 24 horas do día como teñen Touris e Louzán, e outras cousas que poderiamos contar.
Aquí vos deixamos tamén unha serie de promesas con motivo da visita do Conselleiro Rueda fai ano e pico a Cambados ,  tales como un novo edificio para os xulgados de Cambados, unha nova ubicación para o Rexistro civil o un xuiz de reforzo para vilagarcia, promesas de Rueda que como todas que fai él non se cumplen.

FARO DE VIGO 31 de marzo de 2010
http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2010/03/31/conselleiro-xustiza-promete-nuevo-edificio-judicial-cambados/425080.html
A VOZ DE GALICIA 31 de marzo de 2010
A VOZ DE GALICIA 31 de marzo de 2010

Ningún comentario: