Aragunde e Rosa patinando. (Preme na imaxe para vela ampliada) |
O Concello de Cambados e a Deputación de Pontevedra decidiron pór en marcha unha nova edición da escola municipal de patinaxe. O prazo para inscribirse abrirase o vindeiro luns. Os interesados poden obter máis información nas oficinas municipais da rúa Ourense.
A escola está pensada para nenos de entre 5 e 14 anos de idade. As clases comezarán durante o próximo mes de outubro e celebraranse todos os mércores de catro e media a seis da tarde no pavillón do instituto Ramón Cabanillas. Haberá dúas quendas. O número de prazas limitarase aos corenta participantes, que será elixidos por rigorosa orde de inscrición. A partir do luns, os interesados deben anotarse na oficina do animador deportivo, situada na rúa Ourense, en horario de dez da mañá a dúas e media da tarde. No Concello avisan de que as prazas adoitan cubrirse rapidamente, polo que anima aos interesados a inscribirse canto antes.
As clases serán impartidas por monitores titulados da federación de patinaxe. A actividade non terá custo algún. Esperamos que haixa prazas e non estean dadas xa de antemán como case sempre para os simpatizantes e militantes do ppartido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario