Xa comentabamos neste espazo o outro día da pouca ou da nula palabra que ten o noso Alcalde e o seu desprezo total a institucions públicas da categoría do Valedor do Pobo, quen nun escrito de data 5 de setembro require novamente o Concello para que faga entrega das listas o voceiro do grupo municipal do BNG Victor Caamaño.(Premendo na foto podes ver ampliado o escrito do Valedor)
Esta clara “desobediencia” do Alcalde de Cambados o Valedor do Pobo nun estado normal, democrático e de dereito deberialle acarrear graves consecuencias o noso rexidor, pero como se creen os “amos do mambo” e con dereito a facer o que lles pete , así andamos. De aquí o fascismo puro e duro hai un pequeño paso. O BNG está precisamente para impedir estes “abusos democráticos” do partido do goberno.

De seguido reproducimos integramente o escrito do BNG, solicitando novamente as listas perante a negativa do noso mentireiro Alcalde:
"""Víctor Caamaño Rivas,, portavoz do grupo municipal do BNG de Cambados,
EXPÓN: que no pasado Pleno municipal Ordinario, celebrado o 25 de agosto, o señor alcalde confirmoulle publicamente ao portavoz do BNG que na seguinte semana á citada sesión plenaria (semana do 29 de agosto ao 4 de setembro ) lle sería facilitado ao noso grupo político os listados de convidados ao Xantar do Albariño dos anos 2010 e 2011 (recórdaselle que o BNG leva máis dun ano agardando polo listado do ano 2010). Como, ademais, onte día 7 de setembro, o BNG recibiu unha nova notificación do Valedor do Pobo (con data de saída do 5 de setembro) indicando que novamente tivera que solicitar ao concello de Cambados o informe sobre o listado de convidados ao Xantar do Albariño do ano 2010 para que fora remitido ao grupo municipal do BNG, e polo que
SOLICITA: que lle sexan facilitados, canto antes, ao noso grupo político os prometidos listados de convidados aos xantares da Festa do Albariño dos anos 2010 e 2011.
En Cambados a 8 de setembro de 2011
Asinado: Víctor Caamaño Rivas
SR ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CAMBADOS"""
Ningún comentario:
Publicar un comentario