14 de set. de 2011

A DESEÑADORA CAMBADESA MONICA GUILLAN VAISE A CANTABRIA

Preme na imaxe para vela ampliada.

Á III MOSTRA NACIONAL DE JOVENES DESEÑADORES DE MODA CANTABRIA 2011
"IMONOS DE DESFILE
Outro ano máis repetimos pasarela, e eu encantada. Este ano no Certame de moda de Cantabria tócame pechar o desfile. Estou máis que contenta de poder asistir a tal evento que será o día 24 deste mes no Palacio de Exposicións ás 19.30. O meu desfile estará composto de 5 looks da miña nova colección ``Girls don´t cry´´.
 
A colección ``Girls don´t cry´´é unha colección sobria con sutís detalles en todas as pezas é algo moi lolita combinado coa literatura de Gustavo Adolfo Bécquer . 
Pezas lixeiras pero elaboradas. Os patróns dan vida a pezas libres, asimétricas e cun certo aire romántico. Os escotes descenden vertixinosos. O negro impera sen rival e os pantalóns contráense ata facerse pitillo.
Ata chegou a taparse os ollos para non ver mal, pero sen darse conta tamén deixou de verse ben.
Tecidos naturais de algodón, seda, en case todas as súas expresións, gasa, encaixe e pel.
Mulleres inxenuas e aniñadas, frescas e misteriosas. Proxectos de muller que pasean coquetas.
Na cor seguen os contrastes. Unha paleta sobria a base de tons como o gris, negro , azul mariño, e unha paleta escura pero rica en matices intensos e profundos como marróns chocolate.
Vémonos alí!!! ser puntuais"
Un artigo de Mónica Guillán

Ningún comentario: