14 de set. de 2011

UN CAMBADÉS DENUNCIA QUE OS RECORTES DA XUNTA PROVOCAN SITUACIÓNS PECULIARES PERO GRAVÍSIMAS.

José Benito Charlin  un empregado de ambulancias , e loitador polos seus dereitos, polos nosos e claramente en contra dos recortes da Xunta nesta materia  dinos no seu facebook “Xa estamos. Primeiro dia sen ambulancia en Foz e primer contratempo por non haber ambulancia. Acabaremos coma antes co pañuelo pola ventanilla.Se podes difunde esta noticia, a ver si lle chega a alguen con responsabilidade e que sinta algo de vergoña (que o dudo).
Espeluznante o que pasou no atardecer do domingo, un neno xogando nas proximidades da urbanización das TORRES en FOZ, esgazou a masa muscular do seu brazo ao engancharse nos pinchos dun enreixado cando parece ser intentaba
recoller unha pelo que caera no interior dun recinto. O neno que se dirixía á súa casa sangrando abundantemente e loxicamente berrando de dor, colléuselle rapidamente e levóuselle ao Hospital da Costa onde directamente se lle traslado ao quirófano para ser intervido. Conto esta noticia por ser o chofer que sen dubidalo un minuto hei tida que suplir a ambulancia que loxicamente non tiñamos a man neste pobo e os poucos que coincidimos nese momento estabamos a temer que se
tiñamos que esperar a unha ambulancia que viñese dende Burela podería ser fatal para o neno a raíz da perdida de sangue e do horrible aspecto da ferida. Continua lendo a nova premendo AQUÍ.

Ningún comentario: