15 de set. de 2011

O ARREGLO DA PISCINA, OUTRA DAS MENTIRAS DE “PINOCHO ARAGUNDE”

Como xa sabedes pola prensa do rexime a reforma da piscina de Cambados, foi víctima da  crise , esa que leva a culpa de todo. Desta vez “Pinocho Aragunde” non lle pode botar a culpa o bipartito (aínda que seguro que o  pensou). Esta é a explicación da Xunta «O marco de dispoñibilidade orzamentaria e de prioridades de investimento programadas para o 2011 está sendo modificado pola política de axustes de control de gastos e de priorización de investimentos implementada pola Xunta», imaxinanse Vdes. por un momento que estivera gobernando o bipartido e acordara o mesmo, como se pondria “Pinocho Aragunde”, botaria sapos e culebras por ese “piquiño de ouro” que ten “ eses beizos de Carmen de Mairena”,
e claro seguro que non deixaria títere con cabeza, pero como a Xunta do seu xefe Feijoo esta  de recortes hai que foderse e aguantar. Por certo está de recortes para algunhas cousas, para o ensino privado non está de recortes xa que lle dou mais de 800.000  euros, e que dicir de agasallar con 700.000 euros a unha entidqde privada coma a Sociedade Cultural, para eso non hai recortes. A veces Pinocho calado estabas mai guapo. Por certo como vedes na foto a”Pinocho Aragunde" estalle a medrar a nariz, seguro que en pouco tempo saelle da foto.

Ningún comentario: