8 de set. de 2011

O PP CONTRA OS MESTRES

Está claro a que nos ben encima se gaña as eleccións o PP, estes que fai dous anos dician que ian a solucionar todo na Xunta, que ian acabar co paro en 45 días, eses que acusaban o bipartido de escudarse nunha crise que non existia, e agora estamos a ver a sua verdadeira cara cando gobernan, primeiro Cospedal co gran recorte que está a facer en Castela-A Mancha, pero ela gaña catro soldos o cal mais grande e non se recorta ningún, e agora vennos
o curso escolar e os peperos  ven nun servizo  onde claramente e únha inversión un gasto, que maior inversión de que se gasten os cartos dos nosos impostos na educación dos nosos fillos. A campaña do PP primeiramente foi “botar a poboación” enriba dos mestres chamandolle vagos como fixo a presidenta da Comunidade Madrid a “genovesa” Esperanza Aguirre (ainda que despois os seus asesores mandaronlle rectificar, pero o mal xa estaba feito), logo foi o Director Xeral de Centro  de Recursos Humanos  José Manuel Pinal decia o outro dia en sede parlamenteria á deputada Carmen Adán  do BNG “Sabe Vde. moi ben que a metade das horas que se corresponden agora  co aumento do horario lectivo eran de libre disposición e os profesores ianse para a casa, e non fai falle que lle explique máis…” E o tio ficou maís tranquilo que un sete. Pero non é a primeira vez que fai isto o PP de botar a xente enriba de profesores, médicos, ou funcionarios. Eu preguntome estes dous personaxes e  todos  os politicos do PP entraron algunha vez nun centro de ensino, charlaron algunha vez cun mestre, saben en realidade o que é a docencia. E u coido que non, teño a sorte de contar no meu circulo de amigos con alguns deles que son mestres i e de admirar o seu traballo, cantas veces teñen ficado horas de mais no colexio para resolver problemas, cantas veces teñen ficado horas con alguns dos seus alumnos máis problemáticos, cantas horas durante o ano pasan falando cos  pais, cantas horas de tutorias, cantos examenes correxidos na casa, en fin estamos a falar dun colectivo exemplar, que hai algunha ouvella negra dentro deles, iso é normal a excepción que confirma a regla iso pasa en todos os colectivos, perdon en todos non,  os politicos do PP todos son uns mantas e non hai excepcións. A maioria dos pais temos un ou dos nenos na casa e a veces estamos a pedir socorro, imaxinen eles que estan “lidando” todos os días con  centos de nenos. E pior de todo iso non que é os recortes que van a afectar sobre todo no eido do  personal sirva para aforrar, nada diso é para empregar os cartos no ensino privado caso como o de Pereiro de Aguiar ou en festas para mil personas como fai Louzán ou invitar a seiscentas personas gratis o Albariño como fai Aragunde, para iso si hai cartos. Menos mal que hai pais que non nos deixamos enganar pola politica barata da Xunta do PP e coñecemos os mestres, falamos con eles e sabemos o traballo que fan e pola miña parte e coido que pola de moitos pais, son un colectivo que quero, admiro e respeto. ¡¡¡NON OS RECORTES NA EDUACIÓN PÚLICA!!! ¡¡¡TODOS COS PROFESORES!!!.

Ningún comentario: