23 de out. de 2011

COMO FACER PARA VOTAR POR CORREO

ELECCIÓNS XERAIS DO 20-N, POR QUE É IMPORTANTE VOTAR ESTA VEZ?O 20-N temos que elixir quen nos representará no Congreso e no Senado. Até 1996 Galiza non estaba presente no Parlamento estatal. Foi grazas á chegada do BNG cando o noso País apareceu nos debates e condicionou moitas decisións que nos afectan diariamente. Nestas eleccións temos que pensar ante todo en Galiza. Se está o BNG, está Galiza e polo tanto os intereses de galegas e galegos estarán defendidos. Ante a crise, o elevado desemprego, os recortes en sanidade e educación, o afundimento dos nosos sectores produtivos: hai......
alternativa! O 20 N só hai dúas opcións: o continuísmo das políticas de dereita, que beneficia aos que máis teñen, que degrada a democracia e que se plega aos mercados, banqueiros e especuladores ou o cambio real que representa o BNG. Porque Queremos democracia e queremos traballo, dende Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, convidámoste a que participes co teu voto. Non importa que te atopes fóra por estudos ou traballo, podes implicarte con nós por Galiza! 
PASOS PARA VOTAR POR CORREO O 20- N
Se pensas que non te vas atopar na localidade na que che corresponde votar, non te preocupes podes solicitar o voto por correo: 
RESIDENTES NO ESTADO ESPAÑOL:
1. Até o 10 de novembro, vai a calquera oficina de correos co Documento de Identidade, e cubre o modelo para solicitar o certificado de inscrición no censo electoral. O enderezo que indiques fora de Galiza será a onde che envíen toda a documentación. 
2. Do 31 de outubro ao 13 de novembro, remitiranche a documentación para poder votar ao enderezo que indicaches (certificado de inscrición, papeletas e sobre electoral, enderezo da mesa onde che corresponde votar e folla explicativa de todo o proceso)
3. Con esta documentación elixe a papeleta de voto e introdúcea no sobre de votación, logo métea noutro sobre co enderezo da mesa electoral, xunto coa inscrición no censo. 
4. Até o 16 de novembro tes de prazo para enviala por correo certificado e urxente.
RESIDENTES TEMPORALMENTE NO EXTRANXEIRO: 
1. Até o 21 de outubro, diríxete á embaixada, consulado ou á páxina do Ministerio de Interior (www.mir.es), e cubre o modelo para solicitar o certificado de inscrición no censo electoral. O enderezo que indiques, fora do Estado, será a onde che envíen toda a documentación. 
2. Até o 30 de outubro, data límite para o envío de documentación electoral (ata o 9 de novembro se houbera impugnacións de candidaturas).
3. Con esta documentación elixe a papeleta de voto e introdúcea no sobre de votación, logo métea noutro sobre co enderezo da mesa electoral, xunto coa inscrición no censo. 
4. Até o 16 de novembro tes de prazo para enviala por correo certificado e urxente.
RESIDENTES AUSENTES INSCRITOS NO CERA: 
1. Até o 21 de outubro, diríxete á embaixada, consulado ou á páxina do Ministerio de Interior (www.mir.es), e cubre o modelo para solicitar o certificado de inscrición no censo electoral. O enderezo que indiques será a onde che envíen toda a documentación. 
2. Até o 30 de outubro, data límite para o envío de documentación electoral (ata o 9 de novembro se houbera impugnacións de candidaturas).
3. Con esta documentación elixe a papeleta de voto e introdúcea no sobre de votación, logo métea noutro sobre co enderezo da mesa electoral, xunto coa inscrición no censo. 
4. Até o 15 de novembro tes de prazo para enviala por correo certificado e urxente ás XEPs.
5. Do 16 de novembro ao 18 de novembro, depósito presencial do voto por parte dos residentes ausentes en urnas nas oficinas Consulares.
*TODO O PROCESO É DE BALDE.
*UNHA VEZ QUE SOLICITAS O VOTO POR CORREO (AÍNDA QUE DESPOIS NON O QUEIRAS EXERCER) IMPIDE O VOTO PRESENCIAL NA MESA ELECTORAL O DÍA DAS ELECCIÓNS.

Ningún comentario: