En sesión do día 29 de maio a Real Academia Galega de Belas Artes da Nosa Señora do Rosario elixiu como Académicos Numerarios a Don Xosé Manuel Casabella López (pola sección de Arquitectura), Don Manuel Paz Mouta (pola sección de Escultura) e como Académico Correspondente a Don Víctor Pablo Pérez.
Con estes nomeamentos a Academia de Belas Artes quixo recoñecer o destacado labor que durante moitos anos vén desenvolvendo Don Xosé Manuel Casabella López en defensa dunha arquitectura que mantén moitas claves do mellor do mundo moderno e profundamente........
vinculada aos seus usuarios, ao que se une a remodelación de edificios e contornas urbanísticas profundamente vinculados á contorna.
vinculada aos seus usuarios, ao que se une a remodelación de edificios e contornas urbanísticas profundamente vinculados á contorna.
Don Manuel Paz Mouta, pola súa banda, destaca como un dos escultores máis creativos de Galicia nas últimas décadas chamando a atención pola forza do seu traballo da pedra, a súa reinterpretación das tradicións intrahistóricas e a radical vinculación da propia obra co terreo. En canto a galardóns Manolo é un dos escultores con mais recoñocementos públicos pero un que lle fixo moita ilusión é o de "chelequeiro" de Unha Grande Chea.
No caso de Don Víctor Pablo Pérez recoñécese o importante labor levado a cabo ao longo de moitos anos na creación e consolidación de agrupacións orquestrais, merecendo unha mención moi especial o seu traballo coa Orquestra Sinfónica de Galicia (a cal foi recoñecida coa Medalla de Honra da Academia) que a levou a converterse nun referente ineludible na música española actual.
Dende Cambados estase a traballar para que umha ampla delegación de amigos, cidadáns e autoridades arroupen o xenial artista cambadés Manolo Paz para asistir o vindeiro sábado 29 de outubro de 2011 ás 19 horas o auditorio da Bibliotea da Cidade da Cultural en Gaiás-Santiago, onde o noso egrexio pasiano lerá o seu discurso de ingreso na Academia sobre o tema “A pedra e o Home: Reflexos”. As 5 de tarde do sábado saldrá un autobus dende a Praza do Concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario