21 de out. de 2011

O LUME DO PP

Non sei se esquecechedes, coido que non, aquela vaga de lumes do 2006 cando o bipartito gobernaba na xunta, no PP frotábanse as mans, dician que o bipartido era un desastre e en fin unha serie de infundios e  mentiras que só eles saben dicir. Agora tocoulle a eles  a actuación podese decir que non foi desastrosa, foi moito mais que desastrosa, irreparabel e inombrabel. Que foi o unico que fixo o PP durante os incendios pois non falar deles e poñerlle unha venda na boca os presentadores dos informativos da  TVG de Galicia e outras cousas encima da mesa a medios afins o rexime que todos sabemos cales son. No 2006 aparte de dicir as...
autoridades do bipartido que eran intencionados o PP non lles creia e falaba de mala organización, pior ca deles dende logo non foi e todos sabemos quen queimou os montes no 2006, unha banda organizada quen non fai falta dicir a que organización petencian porque é obvio. Como Cascos no Prestixe que marchara a Sierra Nevada a esquiar o Delegado da Xunta en Ourense, cando a súa provincia estaba ardendo marchou a mirar o Madrid o Bernabeu e ten a desfachtez de dicir que él non era importante e o presidente da Xunta en vez de facerlle presentar a dimisión di “eu no faria”. Impresentable Sr. Feijoo. Todos lembramos aquela famoso foto de Feijoo cunha mangueira apagando o lume no 2006, era cinismo personificado.
Mentras outros, como o BNG traballan de arreo para sellar está lacra e presentaban a seguinte inciativa no Parlamento Europeo.
 INICIATIVA DO BNG NO PARLAMENTO EUROPEO DIRIXIDA Á COMISION EUROPEA SOBRE A VAGA DE INCENDIOS QUE ASOLA GALIZA
 Galiza é unha das nacións europeas con unha das peores estatísticas de incendios de toda Europa,  cunhas consecuencias moi negativas para o medio ambiente e alto custe para a cidadanía. Nestes  últimos dez días a provincia de Ourense, está a ter lugar unha vaga de lumes con máis de 400 focos. A meteoroloxía predominante nas últimas semanas, superándose rexistros históricos de altas temperaturas e forte seca,  nun fenómeno inusual para o momento estacional actual (no que se está a prolongar en máis dun mes as condicións de estiaxe propias do verán), acumulado á baixa recollida de precipitacións en todos estes meses, e que propiciou unhas mínimas reservas hídricas do solo, tivo coma consecuencia a acumulación de extensas superficies de vexetación natural de matogueira que agora se atopa en estado leñoso moi seco.  A pesar dos fortes indicios climatolóxicos, da grande seca, e do estado de acumulación de vexetación seca ao longo da práctica totalidade de montañas da provincia de Ourense, que supoñen unhas condicións de alto risco de lumes, non foron tidos en conta por parte das autoridades da Xunta, responsables na loita fronte os lumes forestais, que decidiron a principios de setembro desmantelar o operativo e medios de extinción e prevención e mantelo baixo o mínimo, e coa maior parte dos equipamentos almacenados.
 Esta grave falla de previsión finalmente favoreceu a presenza de grandes lumes forestais,  nos que miles de hectáreas levan ardendo dende hai máis de 1 semana e fóra de control, dándose a circunstancia de que os de maior  extensión están a ter unha forte repercusión ambiental negativa que afectan a un total dunhas 10.000 hectáreas de superficie protexida pola Rede Natura 2000, e concretamente repartidos en cinco  Lugares de Interese Comunitario que son: 1) A Baixa Limia- Serrra do Xurés (ES0000376),  no que se estima unha superficie de 2000 a 3000 hectáreas, destruíndose hábitats protexidos de matogueira do tipo 4030 e 4090; 2) Macizo Central (ES1130002), no que as autoridades locais informan de máis de 6.000 hectáreas queimadas de hábitats de matogueira do tipo 4030 e 4090, e hábitats de turbeira de interese prioritario do tipo 4020, e en  menor medida do tipo forestal 9230 e incluíndo o prioritario 91E0 de bosques de ribeira; 3) Bidueiral de Montederramo (ES1130003), iniciándose un lume en San Mamede de máis de 2000 hectáreas e que entrou no proprio Bidueiral de Montederramo e que tamén se extende ao Macizo Central, con superficie queimada de hábitats de matogueira do tipo 4030 e 4090, e o prioritario do tipo 4020, e en  menor medida forestal tipo 9230 e incluíndo o prioritario 91E0 ; 4) Pena Veidosa (ES1130004), con máis de 200 hectáreas de hábitats de matogueira do tipo 4030 e 4090; 5) Pena Maseira (ES1130008), con máis de 200 hectáreas de hábitats de matogueira do tipo 4030 e 4090,e pequenas masas boscosas do hábitat 9230 e 91B0. Entre as especies de fauna máis afectadas cómpre mencionar a aguia real (Aquila chrysaetos), especie en perigo de extinción en  Galiza cuxas poboacións precisamente dependen case na súa totalidade da boa conservación dos hábitats destes espazos agora queimados. Estes espazos afectados tamén resultan estratéxicos na conservación doutras especies ameazadas coma o lobo (Canis lupus), o bufo real (Bubo bubo), ou anfibios coma a Chioglossa lusitanica.
A vista da preocupante situación solicítase á Comisión Europea que actúe de forma urxente para axudar a erradicar este problema que padece esta nación europea tan rica en biodiversidade como é Galiza, instando ás autoridades españolas e galegas a unha actuación contundente e definitiva que poña fin a este tipo de eventos tan negativos para o ambiente.  ¿Considera a Comisión que en Galiza estase facendo o suficiente para poñer fin a un problema crónico de décadas de lumes forestais?. ¿Considera que este grave problema pode ser resultado dunha mala planificación na xestión e ordenación forestal dos montes de Galiza?. ¿Considera a Comisión Europea que a prevalencia e priorización no modelo galego na loita contra o lume centrado, case en exclusiva, nos medios de extinción pode estar a ter resultados moi pouco eficientes fronte a outros modelos que existen na Unión Europea, como podería ser unha estratexia centrada na unha programación periódica de medidas de prevención?. ¿Están as autoridades competentes sendo eficientes para evitar este tipo de sinistros en enclaves ecolóxicos de alto valor europeo presentes en Galiza?. ¿Esta a Comisión Europea informada dos efectos dos lumes forestais que de forma recorrente, ano tras ano,  asolan moitos dos espazos da Rede Natura 2000 en  Galiza? ¿Considera a Comisión necesario que particularmente nestes espazos deben priorizarse a adopción de medidas preventivas durante todo o ano para evitar este tipo de sinistros ecolóxicos?

Ningún comentario: