19 de out. de 2011

CURSO MONOGRÁFICO DE DANZAS DO MUNDO

O vindeiro  22, sábado, ás 10.30, terá lugar no Centro Socio Cultural de Vilaxóan  sito no Peiro da vila do mesmo nome, un curso monográfico de “Danzas do Mundo” organizado pola Asociaicón Pés de Barro, o custe do curso é de dez euros para socios e seocias e de 15 euros para os non socios. O curso comazará como xa dixemos ás 10.30 e rematará sobre as 18.30 horas. Jai locais preto para xantar con menús económicos. O bxectivo de “Danas do Mundo” reside en facilitar o acceso dos alumnos a bailes de distintas partes do planeta.
 

Aberto o prazo de inscrición para o curso monográfico de “danzas do mundo” que se impartirá no Centro SocioCultural de Vilaxoán


A Asociación Pesdebarro pon en marcha este sábado o seu primeiro curso monográfico de “danzas do mundo” que será impartido por Mercedes Prieto. O curso, que terá un custe de 10 euros para socias/os e 15 euros non socias/os, desenvolverase este sábado 22 de outubro, en horario de 10:30 a 13:30 e continuara de 15:30 a 18:30. As interesadas/os en participar no mesmo poden inscribirse no teléfono 615863500 ou no enderezo electrónico moreirafontan@hotmail.com .
19-10-2011- No curso farase un percorrido polas máis destacadas e coñecidas danzas tradicionais do mundo, incluindo, por suposto, a danza galega.
Entre outros moitas danzas, os alumnos terán a oportunidade de aprender a bailar valses, chotis, jotas, muiñeiras, gabots, ándro, etcétera.
Todo elo combinado coa aprendizaxe de técnicas de relaxación, estiramentos e outros exercicios que complementan á danza.
O curso está dirixido a todo tipo de público sen límite de idade. Tampouco se require ter coñecementos nen nocións previas sobre baile nin danza tradicional.
A profesora
Mercedes Prieto é licenciada en Danza pola Facultade de Motricidade Humana de Lisboa. Traballou na Escola Superior de Educación como profesora asociada de danza formando animadores socioculturais e mestres de infantil e primaria. Forma parte do grupo Pesdelán, grupo que ten como obxectivos a investigación e divulgación de danzas tradicionais galegas e portuguesas a través da formación en talleres e bailes.
É bailarina das compañías de danza GS21 e Bruma.
ASOCIACIÓN PÉS DE BARRO            
 Xa hai uns anos que, en Vilagarcía de Arousa, un fato de persoas de todas as idades estamos aprendendo danza tradicional e danzas do mundo. É por iso que decidimos ampliar actividades e constituírnos en Asociación.
A asociación que botamos a andar naceu a raíz da nosa inquedanza pola aprendizaxe e divulgación do baile e a música.
Son fins principais da asociación:
a.       Promover actividades vinculadas á divulgación e coñecemento da danza, tradicional e internacional.
b.       Promover actividades vinculadas á divulgación e coñecemento da música, tradicional e internacional.
c.       Impulsar á danza e á música como ferramenta de comunicación, expresión artística e educación non formal.
d.       Poñer ao alcance da cidadanía a danza e a música como canle de expresión artística.
e.       Promover o intercambio entre persoas e grupos étnicos diferentes a través das súas danzas e músicas.
Divulgar a investigación que se poida facer para dar a coñecer a/as danzas a través de artigos, libros, discos ...


Ningún comentario: