19 de out. de 2011

VIAXE A CAMBADOS DA ASOCIACIÓN "MEIGAS" DE SADA

Logo da súa reincorporación estable, tras o poder dispor dun local adecuado para realizar as súas actividades sociais, a destacada Asociación Socio Cultural “Meigas”, de Sada, vén desenvolvendo unha serie de actos propios da mesma. Para o vindeiro domingo, día 23, dita entidade organizou unha excursión turística a Cambados, dun número de prazas reducido, máximo 30 persoas, por orde de inscrición. A saída será de Sada, ás oito da mañá, e a viaxe, que é gratis para os asociados, e 10 euros para os non socios, inclúe un almorzo con charla sobre saúde e fogar, comida, sobremesa, percorrido turística a Cambados, para finalizar con visita á Adega “Aguiuncho”, de viño Albariño, onde haberá unha degustación gratuíta.

Ningún comentario: