13 de out. de 2011

A GALERIA BORRON 4 NON PECHA POLO DE AGORA.

 Enchenos de ledicia saber que o traballo de Luis Silvoso non vai cair en vacio a súa familia, xa poidemos ver estes días o seu fillo Alberto na mesma, van continuar coa galeria aberta polo menos ata fin de mes,  e están a barallar datas  para rendirlle unha máis que merecida homenaxe  a Luis, a cal nos sumamos xa dende este mesmo momento.
A exposición que está agora mesmo na galeria e se inaugurou o fin da semana anterior o falecemento de Luis e que corresponde  de Manolo Busto pode visitarse ata finais de mes. 

Un achegado á familia encargouse de volver abrir as portas da sala, onde estes días pódese
ver unha exposición de cadros de Manolo Busto. A intención da familia é manter aberta esta mostra ata finais de mes, ao entender que é o que queria Luis.

Así mesmo, a familia está meditando a posibilidade de organizar posteriormente unha exposición colectiva con algúns dos artistas que máis próximos estiveron a Borrón 4 e a Luís Silvoso desde que naceu a galería, en 1998. Esa mostra sería tamén unha homenaxe póstuma ao marchante que pilotou unha das principais galerías privadas de arte de Galicia desde un pobo de menos de 15.000 habitantes. 

Luís Silvoso faleceu a semana pasada a consecuencia dun infarto cerebral, á idade de 57 anos. Desde un primeiro momento sucedéronse as condolencias e as mostras de pesar entre a sociedade cambadesa, ás que se sumaron multitude de artistas de toda a comarca. Todos eles destacaban a enorme valía persoal de Silvoso, pero tamén o valor profesional do seu negocio, que foi escaparate e trampolín de ducias de creadores plásticos da comarca. Por iso, varias voces manifestaron o seu desexo de que Borrón 4 seguise aberta. 
E así será, polo menos polo momento, pois os herdeiros aínda non tomaron unha decisión definitiva sobre o futuro da sala. Por outra banda, a familia de Luís Fernández Silvoso quixo expresar onte publicamente o seu agradecemento aos miles de persoas que lles acompañaron a semana pasada coas súas mostras de apoio e as súas palabras de amizade cara a Luís Silvoso.

A este mar de sentimentos sumouse no día de hoxe Javier Montero cun precioso obituario titulado “Muller espida sobre fondo azul” e que podes ler premendo AQUÍ. 

Ningún comentario: