13 de out. de 2011

ÉXITO SEN PRECEDENTES DE TREIXADURA EN LUGO

A Praza de Santa Maria en Lugo ficou pequena para escoitar e ver a Treixadura, o grupo galego do momento sen dúbida, unha brillante actuación de Treixadura que deu lugar a comentarios como este no diario “El Progreso” de Lugo:“Treixadura, formación de músicos e voces das Rías Baixas -por algo o seu nome fai honra a unha das variedades de uva máis estendidas nesa zona-, puxo o colofón aos concertos do día en Santa María, ante unha praza chea. Treixadura encarna o clasicismo, o respecto á tradición musical, a procura no patrimonio para recuperar pezas musicadas e corais do acervo cultural.
Unha proposta que o público aproveitou con deleite, algúns cos brazos no alto e case todos soltando, polo menos, a punta do pé.”
Con este comentario queda dito todo sobre a actuación de Treixadura en Lugo.
Aproveitando esta nova queremos decir que o pasado 11 de octubre a Radio galega no programa “Planeta Furancho” fixeronlle unha homenaxe mais que merecida a Morgan e estiveron estiveron unha hora falar do desparecido e querido membro de orofeón Treixadura, se non tiveches oportunidade de escoitalo , podes facelo agroa premendo AQUÍ.

Ningún comentario: