O PROFESORADO AMOSA, CON CONCENTRACIÓNS DURANTE O RECREO, A SÚA REPULSA AOS ATAQUES DA CONSELLERÍA AO ENSINO PÚBLICO
O I.E.S. Asorey e maioría dos centros amosaron o pasado 11 de outubro con concentracións e outras accións durante a hora do recreo, o seu rexeitamento aos recortes que a consellaría de Educación está a levar no ensino público en Galiza. Ao mesmo tempo reclamouse máis profesorado e recursos para os centros. Estas accións encádranse no calendario de mobilizacións previstas para este mes, que continuarán con concentracións nas principais vilas...
e cidades galegas o vindeiro día 18 e cun referendo entre o profesorado, convocado para o día 25.
e cidades galegas o vindeiro día 18 e cun referendo entre o profesorado, convocado para o día 25.
Os profesores consideran que estas concentracións constatan o rexeitamento masivo do profesorado ás políticas deseñadas desde a consellaría de Educación e contradín as declaracións do conselleiro, quen chegou a afirmar, mesmo onte en sede Parlamentaria, que o profesorado está de acordo cos recortes que a consellaría vén aplicando ao ensino público, logo de mentir sobre a participación nas folgas convocadas no mes de setembro.
Os profesores denuncian que o conselleiro de Educación está actuando como verdadeiro valedor do ensino privado-concertado, xa que no canto de aplicar os recortes, polo menos nos mesmos criterios que se lle aplican ao ensino público, este vese gratificado con subvencións extras e con ampliación de unidades concertadas. “A situación é tan lamentábel que malia mentir o conselleiro nos dados que onte facilitou no parlamento, tivo que recoñecer que hai preto de 587 profesores/as menos que no curso anterior, cando sabe que o número é superior”.
Os profesores afirman que “estamos, polo tanto, ante o maior ERE habido en Galiza nos últimos anos”, máis cando xa o ano pasado, o propio conselleiro admitiu que había 300 profesores menos no ensino público. “Isto supón, primeiro a destrución de emprego e, segundo, un empeoramento da calidade do ensino público. Só un cara lavada pode afirmar, logo das cifras que el mesmo recoñece, que a ampliación do horario lectivo do profesorado, os recortes que está levando a cabo e o apoio ao ensino privado-concertado, son para mellorar a calidade do ensino”.
Podes ver o vídeo de Tele Salnés premendo http://ismaelagra.blogspot.com/2011/10/o-ies-francisco-asorey-sumase-as.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario