O vilagarcián C.A.R., de 28 anos está vivo de milagre pois o golpe que recibiu co seu coche na vía rápida de Cambados, logo de voar sobre a glorieta existente á altura de Barrantes, nos Castaños, é digno dos máis intrépidos acróbatas do motor xa que lle saíu mellor que feita á mantenta.
O condutor saíu practicamente ileso despois do tremendo accidente aínda que logo foi levado ao Salnés nunha ambulancia do 061 porque se queixaba de dores cervical e torácico; nada, en...
comparación co que lle puido pasar.
O sinistro ocorreu ao fío das oito da mañá e, por fortuna, os danos son só materiais aínda que o Volkswagen Golf 9489?FZJ que conducía quedou para o despezamento tras envorcar sobre a bionda da glorieta.
Alí desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Cambados e Ribadumia así como unha ambulancia do 061. Cando se realizou o ateigado comprobouse que o condutor tiña o carné de conducir retirado e observouse que bebera quizais máis da conta, de feito deu 0,92, é dicir case catro veces máis do permitido.
Pero a causa do sinistro parece máis o exceso de velocidade. No propio lugar do accidente estimábase que para voar sobre a enorme glorieta dos Castiñeiros, cun diámetro de case50 metros e continuar polo aire os dous carriis ata envorcar sobre a varanda metálica, debía ir a uns 200 quilómetros por hora, aínda que este dato aínda debe ser estudado polos expertos da Garda Civil.
Segundo o rastro que quedou despois do accidente, obsérvase que o vehículo foi catapultado desde o bordo da rotonda e no seu "despegamento" arrincou unha árbore ornamental, un ciprés, ata esmagar despois a varanda de aluminio.
O coche quedou "rodas arriba" pero aínda así, o condutor puido saír polo seu propio pé e cando aos cinco minutos do accidente chegaron os efectivos de axuda, recoñeceu que se atopaba "en perfecto estado".
De todos os xeitos, ao pouco tempo xa acusou algunha dor polo que foi trasladado ao Hospital do Salnés para a súa valoración polo persoal médico do centro.
Hai quen barallou a idea o atentado a rotonda de Louzán.
O condutor saíu practicamente ileso despois do tremendo accidente aínda que logo foi levado ao Salnés nunha ambulancia do 061 porque se queixaba de dores cervical e torácico; nada, en...
comparación co que lle puido pasar.
O sinistro ocorreu ao fío das oito da mañá e, por fortuna, os danos son só materiais aínda que o Volkswagen Golf 9489?FZJ que conducía quedou para o despezamento tras envorcar sobre a bionda da glorieta.
Alí desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Cambados e Ribadumia así como unha ambulancia do 061. Cando se realizou o ateigado comprobouse que o condutor tiña o carné de conducir retirado e observouse que bebera quizais máis da conta, de feito deu 0,92, é dicir case catro veces máis do permitido.
Pero a causa do sinistro parece máis o exceso de velocidade. No propio lugar do accidente estimábase que para voar sobre a enorme glorieta dos Castiñeiros, cun diámetro de case
Segundo o rastro que quedou despois do accidente, obsérvase que o vehículo foi catapultado desde o bordo da rotonda e no seu "despegamento" arrincou unha árbore ornamental, un ciprés, ata esmagar despois a varanda de aluminio.
O coche quedou "rodas arriba" pero aínda así, o condutor puido saír polo seu propio pé e cando aos cinco minutos do accidente chegaron os efectivos de axuda, recoñeceu que se atopaba "en perfecto estado".
De todos os xeitos, ao pouco tempo xa acusou algunha dor polo que foi trasladado ao Hospital do Salnés para a súa valoración polo persoal médico do centro.
Hai quen barallou a idea o atentado a rotonda de Louzán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario