21 de out. de 2011

LUIS ARAGUNDE E TOURIS INCUMPLEN A LEI DUAS VECES NA VISITA A CULTURAL

O noso Alcalde Luisiño e o ínclito de Toruis infrinxiron á Lei duas veces na súa ilegal visita a cultural, i eso no digo eu senon que o di a Xunta Electoral de Zona de Cambados na súa resolución, recollida no blog do BNG,  cuxo tenor literal di: “Conforme a devanditos preceptos, a visita ás obras de reforma que se realizaron en en edificio da Sociedade Cultural sito na rúa Nova do Concello de Cambados, por parte do Delegado Territorial da Xunta de Galicia, noticia que foi difundida amplamente na prensa local constitúe unha actividade realizada durante o período electoral das prohibidas no artigo 2.2 e
2.3 da Instrución Referida por tratarse dunha actividade financiada por un poder público e que contén alusións aos logros obtidos polo mesmo; polo que procede requirir á Xunta de Galicia (Delegación Territorial da Xunta de Galicia), para que se absteña de realizar actos do tipo do denunciado e prohibidos pola normativa legal. Notifíquese este acordo ao denunciante e á Xunta de Galicia (Delegación Territorial da Xunta de Galicia) para o seu cumprimento, conforme ao previsto no apartardo 5º da Instrución 2/2011 de 24 de marzo da Xunta Electoral Central”
A segunda vez que incumpren a lei pódese ver claramente na fotografia cando todos que entran a vistar a obra, incluidos o Alcalde e o Delegado Territorial, entran na mesma sen o casco regulamentario é mais incluso os obreiros o presidente da Cultural e a muller do Tenente de Alcalde Toñito Iglesias (todo queda en familia) que se ven na foto tamén están sen casco.
Pola súa banda o responsabel do BNG na comarca Xan Allegue dixo que "“do que o PP e os seus representantes entenden por política: a utilización das institucións en actos propagandísticos do PP” e recalcou tamén que “todo vale, unha campaña sucia por parte do PP, unha campaña onde o PP non dubida en recorrer a calquera artimaña que entenda que o pode beneficiar, aínda sabedores de que sexa ilegal". O responsábel comarcal do BNG anima tamén á cidadanía a que tome nota “deste tipo de actitudes dos cargos institucionais do PP”. Segundo Xoán Allegue”non todos somos iguais e nos feitos amósase todos os días”

Ningún comentario: