21 de out. de 2011

UNHA CAMBADESA BRAZO EXECUTOR DE FEIJOO CONTRA OS TRABALLADORES DA TVG.

Benjamin Rey
O BNG ESTÁ EN CONTRA DESTES RECORTES
O camará cambadés da TVG Benjamin Rey fainos chegar unha petición de que nos solidaricemos cos traballadores da TVG que están sendo víctimas dos recortes que este ente está a facer  e  en contra da publicación dunha nova lei que amenaza o futuro dos medios públicos en Galicia, estes recortes  están encabazados pola cambadesa e directora da TVG Rosa Vilas, esta muller nacida no seo dunha familia do PP de Vilariño e ela tamén simpatizante deste partido, posta a dedo nada mais subir o poder polo partido en cuestión é o brazo executor  do ordes directas de Feijoo. O comunicado dos traballadores  venos a dicir que “coa coartada da...
austeridade, confúndese interesadamente o necesario co imprescindible, o básico co accesorio, para enganar a opinión pública. Recórtanse servizos sociais pero non se eliminan prebendas, privilexios, cargos nin despachos daqueles que realmente enchen os petos e viven parasitando o que é de todos”. 
A cambadesa Rosa Vilas
E continua dicindo o comunicado “neste contexto unha información plural e crítica é máis necesaria ca nunca para a cidadanía, que asiste impotente ao desmantelamento de boa parte dos medios, principalmente os editados na nosa lingua. E desta volta, a Radio Televisión Pública de Galicia está tamén ameazada. Co pretexto de reformar a súa Lei de Creación, PP e PsdeG pretenden aprobar ás agachadas, a base do que será a privatización e a desaparición definitiva da CRTVG.” Os traballadores da TVG fixeron unha xornada de folga realizando un  informativo reivindicativo dos traballadores da crtvg en contra da reforma de lei dos medios públicos galegos que podes ver premendo AQUÍ. Se queres ler o comunicado dos traballadores e solidarizarte con eles preme AQUÍ.

Ningún comentario: