Beiras e Martiño Noeriega |
TAMÉN INSTA OS SEUS SIMPATIZANTES A FACERSE MILITANTES DO BNG
Ao menos esto é o que di o comunicado enviado a este espazo web pola devandita corrente e que reproducimos íntegro a continuación.
“”Comunicación do Coordinadora do Encontro dirixida á militancia e simpatizantes do Encontro Irmandiño.
Na última reunión a Coordinadora Nacional do Encontro Irmandiño fíxose un repaso ao proceso preasemblear do BNG e máis ás circunstancias nas que a fronte concorre as eleccións xerais.
O proceso de encontros abertos tivo resultados desiguais nas distintas comarcas, constatando que alí onde se puido convocar mediante censo do BNG a asistencia foi masiva ou moi boa. A sintonía coa base do BNG, militantes ou non, foi boa concordando co Encontro, na maioría dos casos, en dar a derradeira batalla pola rexeneración do BNG na próxima Asemblea Nacional.
O adianto electoral fixo coincidir o proceso electoral do 20-N coa preparación da Asemblea Nacional do BNG a o Encontro Irmandiño e a súa afiliación están concernidos por ambas campañas que temos que compatibilizar participando na electoral na medida das posibilidades e circunstancias de cada quen pero aproveitando para traballar na reactivación da base do BNG, con reafiliación ou coa afiliación, para participar na Asemblea do BNG de Xaneiro. É preciso lembrar que o prazo para afiliarse con tempo de participar con voto na Asemblea é até o 30 de novembro.
Francisco Trigo e Ramón Mouriño, dous representantes do Encontro irmandiño na comarca do Salnés |
1. Facer un chamado a toda a afiliación, simpatizantes ou a quen estea pola rexeneración do BNG, a traballar en rede pola rexeneración do BNG. É preciso que cada quen se poña como tarefa a reactivación da base do BNG na súa contorna persoal. Temos que transmitir que se quere a base pode derrotar á burocracia que parasita o BNG dende hai anos. É preciso conxurarse para vencer:
a) Prioridade absoluta, ate xaneiro, do proceso de re-afiliación / afiliación / mobilización da militancia pasiva do BNG de cara á Asemblea Nacional. Tan importante é a reafiliación coma a reactivación. Son primordiais os contactos persoais para tecer unha rede de persoas implicadas na refundación do BNG (que xa non será o BNG actual, que non serve, senón ese "novo referente político que Galiza precisa"), sexan militantes ou non do EI.
b) Ir informando ao Encontro na comarca e a organizacion@encontroirmandinho.org , dos resultados do labor. Nos casos dos non afiliados ao BNG o labor é animalos pero tamén inclúe facilitarlle a ficha, - xuntamos o modelo -, recollela cuberta e telas dispostas para presentar todas xuntas nos últimos días de novembro. Compre que cada elemento activo do EI ou colaborador/a leve a súa lista de persoas contactadas para asistir á AN para logo as reagrupar nun censo noso comarcal e nacional e poder controlar a corrección do censo do BNG. Lembrar que o 30 de novembro remata o prazo para afiliarse e participar con dereito a voto na asemblea do BNG.
2. O noso traballo de refundación do BNG non debe levar en ningún caso ao confronto directo coa campaña do BNG. Hai que ser escrupulosos ao máximo para que non poidan acusar ao EI de boicot e dun eventual mal resultado nas Xerais.
3. O EI elaborará as súas propias teses políticas e organizativas que conten cunha ampla base social (non só dentro do BNG), como polo de referencia na AN para definir o que é aceptábel (ou non) e evitar unha dinámica de concesións parciais que xa non serven.
4. A renovada web do EI, precisa da contribución dos militantes na achega de contidos para soster o elevado número de visitas que xa temos. Tamén é preciso animar a que se opine dende fora do Encontro no punto de encontro que como sabedes se pode facer con absoluta liberdade.””
Tamén veñen colgar na sua web o vídeo da rolada de prensa que deu hoxe Beiras e na que debullou as proposta do Encontro en materia económica que presentaron ao BNG como aportación ao programa electoral para o 20-N.
Ningún comentario:
Publicar un comentario