Onte naceu en Cambados un novo club esta vez no eido do ciclismo, o Club Ciclista do Salnés. O seu presidente Eladio Oubiña dixo na súa presentación que “O crecemento do clube vai depender do respaldo económico e social que teñamos, pero o obxectivo e poder formar categorías base e chegar a organizar unha marcha cicloturista multitudinaria en Cambados” asemade invitou a todos os cambadeses que todos os domingos a partires das 9.30 horas se sumen as marchas cicloturistas con saida dende a praza do Concello de Cambados. Tamén...
se realizou unha merecida homenaxe a Teto e o corredor nacionalista César Veloso. Podes recoller toda a información sobre este club no establecemento Salnés Bici sito preto da rotonda de Tragove. A parte negativa do acto é que seguindo a mala costume dalgúns clubs e Comisións cambadesas non foi invitado o acto o xefe da oposición Victor Caamaño, neste pobo parece que só hai un partido e os demais non contan, esperemos que no vindeiro acto que organice o Club non se cometa semellante erro .

Ningún comentario:
Publicar un comentario