Morgan tiña moitos amigos en Santiago e en outras moitas partes de Galicia, e onte quedou patente na homenaxe que lle dedicaron na rúa de San Pedro, a súa rúa. Case medio centenar de grupos folclóricos aliáronse ao longo de toda a xornada para percorrer as tabernas da zona e alagar o barrio de música tradicional galega. Morgan, desde algún lado, agradeceu feliz a festa rachada. Segundo comentou un dos participantes, é a mellor homenaxe que se lle podería tributar: espontáneo, alegre, festivo e á beira de barrís.
Xosé Lois Méndez, coñecido cariñosamente como Morgan, nunca disimulou a súa paixón pola música e a danza. Cando faleceu rexentaba a taberna máis vella da cidade, o Xa Chegou, onde os grupos de música tradicional tiñan unha cancha pública.
Algúns deles deixaron fluír onte as súas melodías, máis sonoras que nunca, para que Morgan puidese escoitalas sen problemas en compañía, seguramente, de Padraig McGrane, un xovial instrumentista irlandés cuxa imaxe colgou Morgan na parede do Xa Chegou como ofrenda á súa memoria. El foise un pouco logo do seu amigo e agora el mesmo é memoria e festa popular.
Méndez exhibía unha potente voz en Treixadura e Cantigas e Cariños e suavizaba o volume cando servía viños na taberna da Algalia, onde entonaba melodías coas cancións enlatadas de fondo. «Estou ensaiando», xustificábase. Era certo, pero aproveitaba para extasiarse coas pezas dos seus grupos preferidos. Ensaiaba para interpretar e ensaiaba para transmitir, porque o seu saber e os seus ritmos chegábanlle con calidez e soltura aos seus alumnos da Xuntanza.
No "Xa Chegou" non cabia unha mosca |
Morgan estaba onte na súa salsa. Moitos viandantes e condutores contemplan con curiosidade o cúmulo de persoas cantando e bailando en San Pedro e en Pórtaa do Camiño. Algúns vestían mandiles, «unha versión moderna do traxe galego», segundo unha alborozada moza.
O remte da festa foi coa “actuación” de Treixadura no bar de Morgan, actuación se se pode chamar así , os de Teixadura empezaron a actuación dentro do Xa Chegou pero este estaba abarrotado e a calor era infernal non tiveron más remedio que sair para fora onde os esperaban centos de persoas e ali continuou a festa rematando a mesma co “Canto a un compañeiro” que Treixadura lle adicou a Morgan no seu derradeiro CD, e vimos como de varios menbros de Treixadura caian as bagoas dos seus rostros sourrindo.Tamén poidemos ver por ali a parte de quen vos fala a mais xente de Cambados, que non se quixeron tampouco perder a homenaxe a Morgan. Podes ver máis fotos do evento na columna da dereita e un video do fin de festa premendo AQUÍ (o video non é de moi boa calidade pero pero é o que hai)
Ata non poucos viaxeiros do tren chu-chu, que discorreu por diante dunha das actuacións, sumáronse á festa e bailaron ao son das gaitas de Os do Couso dentro dos vagóns. ¿Consolidarase a homenaxe? «Estaría ben», responde un festeiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario