30 de out. de 2011

O BNG FAINOS SABER QUE O ALCALDE NON É PROBABLEMENTE O QUE MAIS GAÑA NO CONCELLO DE CAMBADOS

Rafael Riveiro.
O BNG de Cambados venos a facer saber no seu blog que o Alcalde, como de xeito seguramente pensaria moita xente, non é a persoa que mais gaña no concello de Cambados tal e como nos fai saber nun escrito presentando recentemente no Concello pois unha das preguntas dirixidas o Alcalde Luis Aragunde no derradeiro escrito presentado por esta formación no concello,  é a seguinte: "Que o Sr. Alcalde do concello de Cambados informe por escrito cal é a razón,  motivo ou causa de que o asesor xurídico do Concello de Cambados  sexa a persoa  coa remuneración mensual máis alta do Concello de Cambados, incluído o propio Alcalde". O BNG non fai constar a cantidade  do  que gaña o asesor xuridico do Concello que se chama Rafael Riveiro Alvarez, pero de seguro ten que superar os tres mil euros......
xa que o alcalde ven a cobrar sobre esa cantidade o mes segundo se publicou nos medios de prensa. Ademais o BNG  fai constar no seu escrito que con respecto a este asunto a Intervención municipal ten manifestado a súa disconformidade  coa forma na que o concello está a dispor dos servizos de asesoría xurídica co citado profesional,  afirmado textualmente (Conta do Ano 2010) o seguinte:
“trátase de profesionais (refírese aos servizos de Asesor Xurídico e tamén ao de Arqueólogo) que veñen cobrando mensualmente mediante presentación de factura como contrato de servizo (o arqueólogo desde hai anos), en contra da lexislación de contratación administrativa, tanto pola duración do contrato como pola ausencia de procedemento de licitación coñecido… En ámbolos dous casos a facturación supera amplamente a contía (“estipulada pola Lei”) para ser considerado un contrato menor.debe terse en conta polo que atinxe aos servizos de asesoría xurídica, que na relación de postos de traballo no concello aparece prevista e dotada orzamentariamente a praza de Letrado-asesor xurídico, téndose iniciado o proceso selectivo para a cobertura de dita praza anos atrás, sen que lle conste a esta Intervención ningunha xustificación da súa paralización. Que, ademais segundo a intervención municipal, estas irregularidades poderían ser motivo de que o referido asesor xurídico puidera esixir ao concello  pasar a formar parte do cadro de persoal  con contrato fixo. Rafael Riveiro Alvarez estivo de Secretario Xudicial no Xulgado de Instrucción Nº 3 de Cambados, ata que cesou xa que non tiña praza en propiedade e foille cuberta por un titular. Rafael Riveiro ten "moi boa amizade" co que xa foi foi asesor xurídico no Concello de Cambados Norberto Uzal Tresandi actualmente ocupando un alto cargo na Xunta. Podes ver todo escrito do BNG no seu blog.



Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHORME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: