30 de out. de 2011

ESCÁNDALOSO ANUNCIO, ESCÁNDALOSA OFERTA. E O INEM POLO MEDIO.

No taboleiro de anuncios dun super de Cambados , onde tiñan que cerceriorse que clase de anuncios poñen nos seus centros,  veuse un aviso de oferta de traballo para repartir correspondencia, no mesmo solicitaban persoas mozas dunha idade determinada e daban un número de móvil.  Un xoven interesado chama e concerta unha cita  e veu a ser tan grande o seu asombro e a súa incrudilidade o oir as condicións de traballo e o importe a gañar que lle pareceu escándaloso por repugnante. Claro chegou a casa e comentouno coa familia quen lle......
dixo que non aceptara. A proposta era traballar de oito a dez horas seleccionando correspondencia e repartindoa posteriormente, se fora do rural o empresario deixaba unha motocicleta e si era do pobo  tiña o xoven que dispoñer do seu propio coche ou depender de alguen que o achegara o lugar de traballo e logo baixalo o pobo a repartir, O contrato se asinaria POR DUAS HORAS e o soldo serian 350 euros. Se ben o xoven en cuestión ten os estudos básicos e non pode aspirar a un gran posto de traballo, pero si ten dereito a cobrar o soldo base cun contrato real, non ficiticio , fraudulento ou estafador non só para o traballador senón tamén para a Seguridade Social. O mais escándaloso do caso e que o xoven en cuestión de 23 anos filllo da persona que nons envia a carta e que se chama Maria Josefa,  recibeu a oferta por medio da Oficina do Inem de Cambados, oficina que chamou novamente o xoven para decirlle por que non collera a oferta de traballo contándolle este a razón pola cal a rexeitara o que non sabemos é si se lle abreu expediente a este empresa ou se se dou conta o xulgado de garda. O Inem deberia recoller as condiccións de traballo por escrito da empresa que oferta para non atoparse con empresas que poñen condicións tan desagradables como esta. O nome da empresa é VIÑ _ _ POSTAL, e o seu número de telefono é o 6850813_ _ . Poñemos a falta de dous dixitos tanto no nome da empresa como no número de telefono para evitar calqueira clase de represalia contra esta páxina ou contra a persona que nos facilitou a información da que temos os demais datos de filiación pero que non imos revelar. E incrible o que fan os empresarios  nun goberno que se di socialista e de esquerdas, e o que nos espera é igual ou pior cando o goberno sexa seguramente do PP. Tampouco é cuestión de ficar na casa o dia das eleccións por cousas como está,  hai otras alternativas e unha delas é o BNG. De todos os xeitos se algúen quere saber o nome da empresa completo e o seu número de telefono non ten mais que enviarnos un correo que será contestado no acto.

1 comentario:

construye y destruye dixo...

jajajaja eu traballei e un explotador e o seu nome e javier viñas e a empresa e Viñas publicidade que veña agora por min ke veña