O poeta cambadés Xosé Maria Vila Ribadomar vai presentar o vindeiro día 5 de Novembro ás 19.30 horas o seu libro poemario que leva por titulo “FOTOGRAMÁTICA”. Xosé Maria escolleu como lugar para a presentación o Salón de Plenos do concello da Illa de Arousa, lugar onde reside dende fai un tempo. O libro en cuestión xa foi presentado polo noso paisano e amigo en Oporto concretamente na Casa Museu Spabilados de Ramalde o pasado 22 de outubro. Xosé Maria é unha persoa benquerida e coñecida en Cambados non en vano é un dos fundadores da unica peña que segue en activo, despois da extinción de Unha Grande Chea, e non é outra que a......
peña “Chejar e Encher”. Xosé Maria xa ten colaborado neste blog onde nos facia chegar oas seus traballos en forma de pensamento e que eran moi apreciados polos nosos seguidores. Se non hai contratempo ali estaremos para ser testemuñas da presentación do libro do noso amigo.
Para unha mellor navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario