31 de out. de 2011

OUTRO HISTÓRICO QUE DESAPARECE EN CAMBADOS: O BAR XEITO

Carlos e Nolo , dous monstruos da
cociña.
O cambio de propietario é o motivo principal da desparición do Bar Xeito de Cambados, situado na Avda. Méndez Nuñez de Fefiñans (fronte o paseo marítimo). Este bar que xa debia de contar sobre a treintena de anos, fixose famoso a consecuencia de establecerse alí unha peña culinaria  que todos os xoves se reunian para cear. Os cociñeiros Carlos e Nolo eran os verdadeiros artífices do invento, os demais iamos comer para despois xulgar o xantar, que nun 99,9 % dos casos estaba de chuparse os dedos. Os productos eran de primeira calidade ,......
nese sentido os cociñeiros esmerabanse o mais posible, normalmente sempre eran productos do mar, nécoras, centola, bogavante, camarón, percebes, mexilón, ameixas, berberechos entre outros deliciosos mariscos da ria conformaban sempre o primeiro plato, despois de segundo Carlos e Nolo sempre nos sorprendian o ben cun sanmartiño, unha dorada, unha rabalisa, unha boa rabada, en fin o que se di unha típica dieta atlantica. 
Chon, Xulio e Ricardo nunha cea do Xeito.
E logo que dicir da “fideua”, das paellas, do carne o forno, en fin todos verdadeiros manxares dos que gozabamos os asistentes, o remate sempre se xogada a tipica partida de "tute cabrón". Estas ceas dos xoves eran  sen mulleres, pero cada ano “en desagravio”, faciase un cea xeral a que asistimos sobre cincuenta persoas, e os homes eramos os encargados de cociñar, servir e limpar, as mulleres só estaban para xantar e pasalo ben. É unha magoa que cousas coma este desaparezan, pero parece ser que os da peña do Xeito, non se resisten e morrer e xa están a buscar outro local para facer as súas ceas do xoves. O Xeito saltou a fama televisiva cando nunha ameixa atopouse unha perla, que despois montada nun anel de ouro sorteouse na cea anual entre as nosas  mulleres invitadas. O pasado xoves foi a derradeira cea no xeito.¡¡¡Viva o Xeito!!!
Se queres volver a ver a nova da perla na TVG preme AQUÍ.

O famoso anel do Xeito
Os bogavantes  non faltaron tampouco do menú.

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: