A propósito da Semana da Cultura de Vilanova de Arousa donde coincidiron os Alcaldes de Vilanova o ínclito Gonzalo Durán e o Alcalde Pobra do Caramiñal Isaac Maceiras, noutrahora enfrontados polo lugar onde naceu o egrexio escritor vilanovés Valle-Inclán, caieu nas miñas mans un artigo titulado “Valle Inclán en Cambados” escrito polo historiador cambadés José Caamaño Bournacell, aproxidamente cando transcorria o ano 1953 e dicia textualmente:
“Sábido é aínda que todavia haxa quen o ignore, que Valle-Inclán naceu na histórica e......
señorial Vilanova de Arousa o día 28 de outubro de 1866. Atópabase a súa nai Dª Dolores Peña Montenegro, na outra banda do mar, cando presentindo próxima a hora do seu alumeamento emprende apresuradamente a viaxe a Vilanova. O pouco tempo pasado desde o seu arribo a esta vila ata que naceu Ramón José Simón, en terra firme e abrandado colchón, deu pábulo á novelesca lenda de que a súa nai pariulle no medio da Ria de Arousa, sobre as duras táboas dun pequeno navio, lenda que, por bonita, o mesmo Valle- Inclán non tivo moito empeño en desfacer.
Foi escenario íntimo daquel suceso unha alcoba da vella casa do “Cuadrante” na rúa do Priorato, pertencente aos seus avós maternos D. Francisco Pena Cardecid e Dª Josefa Montenegro e Saco Bolaño, irmá do maiorazgo D. Benito Montenegro, a quen definitivamente pasaria o poazo de “Colo de Arca” en Pobra do Caramiñal, mentres as súas irmás haberían de contentarse coa casa solariega dos Saco Bolaño, en Vilanova, cos súa nostalxica capela e os seus solitarios salóns, con flú flú de miriñaques e lamparas do século XVIII”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario