26 de out. de 2011

CAMBADOS É SEGURO OU NON É SEGURO, EU COIDO QUE SI É SEGURO.

Hoxe atopamonos no Diario de Arousa falando do lamentabel suceso acaecido en Oubiña estes días cunha curiosa contradicción entre o Alcalde de Cambados , o noso “benquerido” Luisiño e varios veciños anónimos da parroquia de Oubiña, o titular do alcalde  é: “Luis Aragunde Asegura que Cambados é un pobo traballador, seguro e tranquilo” e seguia dicindo o noso Alcalde que este suceso “non nos beneficia en nada xa que pode dala impresión de que hai  inseguridade”. Por outra banda no mesmo diario hai outro titular referido os veciños que dí “Era un bo rapaz, isto......
podolle pasar a calqueira, non adanba metido en nada raro". Sen entrar no fondo do asunto porque non son quen para facelo, por unha vez e sen que sirva de precedente estou dacordo coas manifestacións do Alcalde, doutra banda non quero relatar aquí as derradeiras mortes ocurridas no noso pobo nos últimos 20 anos a consecuencia do narcotráfico, pero xa foron unhas cantas, e pouco a pouco estes feitos desgrazadamente están deixando de ser aillados.

Ningún comentario: