27 de out. de 2011

MANOLO PAZ UN EXEMPLO PARA OS POLITICOS DO PP.

Os escultor Manolo  Paz acaba de dar unha lección maxistral os politicos do PP, acaba de renunciar a subvención concedida polo concello  para  o seu museo de Castrelo porque non é o tempo de facer obras faraonicas ou fora de orzamento como está a facer Louzán, Touris e Aragunde co caso da Sociedade Cultural. Manolo manifestou que  «as administracións non están para gastar o diñeiro público en facer grandes propostas». A subvención era de 21.500 euros que se empregaran agora  en complementar as tarefas pendentes do servizo  de Axuda no fogar.
 Manolo é todo un exemplo a seguir por todos os nosos derrochadores politicos peperos, unha lección maxistral de manolo antes da súa toma de posesión  como Academica  da Real Academia de Belas Artes que como sabedes terá lugar o vindeiro día 29 de outubro de 2011.

Ningún comentario: