27 de out. de 2011

“POR DEREITO” PARTICIPA NO CONCURSO DE MICROCORTOS "YO COMO TÚ" VOTA POR ELES.

Os pais e nais de Por Dereito sempre están a argallar algo novo, algo que lles permita dar visibilidade e concienciar sobre a inclusión das persoas con diversidade. 
Nesta ocasión FEAPS Madrid convocou un concurso de microcortos que se axusta a este obxectivo seu.
A idea é que os 12 microcortos finalistas sexan proxectados nos trens de RENFE en datas próximas e que os premiados acudan a un acto a Madrid para recibir un pequeno agasallo en......

metálico. Puxeronse man á obra e ao final despois de moito gravar, pintar, pensar, discutir, escribir, facer variadas tomas, tiñan claro que ian presentar dous microcortos:
- Un deles chámase: "La inclusión Por Derecho". Este microcorto foi gravado  durante o seuFestival Anual das cometas na Illa de Arousa, e ainda que se gravou durante horas, osseus grandes artistas ( Rafa Aguín e Santiago Pereira) decidiron facer esta pequena historia con Alberto. Tamén colaborou coa súa música Yago Pereira, e puxo a súa voz Carlos de Conexion Dance
Este é o resultado, preme AQUI.
Vota o seu video “Por dereito inclusión” prmendo AQUI só tedes que ir a columna da esquerda e clicar en votacións.

Ningún comentario: