17 de out. de 2011

O PP AVOGA CLARISIMAMENTE POLA PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE

Manuel Martin Garcia.
O Partido Popular aprobou o pasado 27 de setembro unha proposición non de lei para implantar un modelo de xestión que permitirá renovar a alta tecnoloxía dos centros hospitalarios á que denomina "fórmula do diálogo competitivo" para a adquisición de equipos tecnolóxicos e o seu mantemento.
Esta Lei supón un paso mais  na extensión da colaboración público-privada (PFI), neste caso aplicada a renovar os equipos de alta tecnoloxía como TAC, resonancias magnéticas, radiografías dixitais ou mamografías nos centros hospitalarios públicos, que comezará polo...
equipamento do Novo Hospital de Vigo e dos tres centros de alta resolución (CAR) proxectados para Galicia cun custo duns 200 millóns de euros
Por este sistema xa non serán os técnicos do Sergas os que definirán, mediante concurso, que aparellos necesitan os hospitais públicos, senón as propias empresas que participarán directamente na elaboración do contrato, establecerán as características dos aparellos que elas mesmas proporcionarán á Administración pública e que financiarán e xestionarán.
Grazas a esta fórmula as empresas tecnolóxicas venderán canto aparello poidan e ao maior prezo (sen contar os sobrecustos da PFI, que de acordo á experiencia europea e española, multiplican por sete os custos reais). Con esta Lei as multinacionais da industria tecnolóxica conseguiron o que perseguían desde fai anos: ser arte e parte na repartición do diñeiro público que destinamos a sanidade
 Isto suporá
1.- Eliminar as cautelas que a función pública mantivo durante anos e que obrigaban a que os concursos de adxudicación e compra de equipamento, ativésense aos principios de transparencia, eficiencia e libre concorrencia, para evitar favoritismos, corruptelas e malversación dos fondos públicos.
2.- Un paso máis na privatización do sistema sanitario galego, cuxos servizos tecnolóxicos quedarán en mans de empresas privadas
3.- Uns sobrecustos, que hipotecarán aínda máis as recortadas e maltreitas arcas da sanidade pública para favorecer a grupos empresariais multinacionais afíns ao poder, como en Valencia e Madrid.
 Un artigo de Manuel Martin García para “A TI MEU CAMBADOS”
Portavoz Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública.

1 comentario:

ernesto dixo...

Pois en Cambados ainda hay un aparato de Rayos X que está sin estrear pero supoño que xa estara pagado, porque antes habia que aislar o local, ¿xa estara podre?