30 de out. de 2011

REFERENDO SOBRE RECORTES NO ENSINO PUBLICO NO IES ASOREY

O día 25 de outubro pasado tivo lugar no I.E.S. Asorey de Cambados un referendo sbore os recortes no ensino público, ampliación do horario lectivo e obriga de coidar o alumnado transportado, o resultado non pudo ser mais clarificador  do malestar existente entre o profesorado do centro. Asi a primeira pregunta que era “Está dacordo cos recortes no ensino público?”. Respostaron a esta a todos cuestións 52 votantes dos 65 electores existentes, e concretamente a este pregunta houbo 51 Non , 1 Si e 0 abstencións. A pregunta “A Conselleria......
de Educación impuso un incremento do horario lectivo. Estás dacordo con este incremento?”. 51 votantes respotsaron non, 1, Si e 0 abstencións. A pregunta “Está dacordo con que o profesorado, teña entre as súas funcións a custodia do alumnado transportado?. A responsota aquí foi unánime os 52 votantes dixeron que Non. E por último a pregunta de “Consideras que as diferentes medidas adoptadas pola Conselleria de Educación melloran a calidade Ensino?”, a resposta neste caso tamén foi unánime os 52 votantes dixeron que Non.. 

Ningún comentario: