7 de nov. de 2011

A 3ª EDICIÓN DE "LUME DE COBIZA" AO DISPOR DOS LECTORES

Segundo publicou a Editorial Galaxia no seu blogue, a 3ª edición de LUME DE COBIZA xa é unha realidade. O novidoso seica está nos apenas 6 meses transcorridos desde a aparición da nova peripecia do sabuxo Frank Soutelo (que tamén ten o seu feisbú), esta vez por Galicia debullando unha trama vinculada cos lumes de 2006. A información de Galaxia anota ademais as próximas accións promocionais da novela (sinaturas, presentacións, clubes de lectura, centros de ensino...) que tamén contribúen á visibilidade das nosas Letras. Non sería posible sen o entusiamo dos lectores, a simpatía da crítica e o apoio dos libreiros. Hai moitos libros, moitos autores e moito tempo para ler, así que ánimo! [O cartel que se acompaña é obra de Alba Sotelo, xiareira de Frank de primeira hora]. http://www.editorialgalaxia.com/weblog/ . Os nosos parabéns o seu autor Miugel Anxo Fernández.

Ningún comentario: