7 de nov. de 2011

QUERES SABER REALMENTE O QUE PASA EN GRECIA?

Que é o que realmente está a pasar En Grecia?. Sabemos toda a verdade ou só sabemos a verdade dunha parte manipuladora, falsicadora e que nos agocha a realidade. Pedro Olalla reflexiona dende Atenas sobre a situación que vive en Grecia entendida nun contexto global. Unha explendida e potente explicación, coido que é necesaria a súa difusión , podes explicar mais alto pero non mais claro, con senxileza e chegando o fondo da cuestión. O que lle ocurre a un grego ocurrelle a un europe e o revés. Agora é cuestión de todos concenciarse. Escoita......
o que nos di Pedro Olla con atención neste video que podes ver premendo AQUÍ.
Pedro Olalla González de la Vega (Oviedo, España, 1966) é escritor, helenista, filólogo, profesor, tradutor e fotógrafo, e nestes campos desenvolve a súa actividade profesional en colaboración con editoriais, universidades e institucións culturais de diversos países do mundo. 
Desde fai veintiseis anos, mantén unha intensa relación con Grecia, país no que se iniciou no helenismo e no que, en 1994, fixou a súa residencia para dedicarse á investigación, a creación e a didáctica. A súa principal ocupación é a escritura (26 títulos orixinais en distintas linguas), campo no que publicou obras de contido literario e cultural, guións e audiovisuais, así como unha longa serie de artigos xornalísticos e traducións de autores gregos e españois. foi profesor de grego moderno na Universidade de Oviedo (Extensión Universitaria) e lector de español na Universidade de Syracuse (Nova York). Xa en Grecia, foi durante anos director do Boletín Cultural da Embaixada de España, redactor xefe da revista mensual bilingüe ?O Sol de Atenas? e profesor do Instituto Cervantes. 
Desde 1998 traballa como profesor na Universidade de Atenas (Master Tradución e Traductología) e no Parlamento Grego. Como fotógrafo, realizou diversas publicacións e máis de corenta exposicións individuais en distintos países; como lexicógrafo, é coautor do ?Novo Dicionario Grego Español? (ed. Texto), para o que traballou durante anos bolseiro pola Fundación A. G. Leventi; como investigador e fotógrafo, colaborou con editoriais especializadas como National Geographic, Thames (Universidades de Atenas, Exeo, Tracia, College Year in Athens,Onassis Foundation New York, Fulbright Foundation, Universidade Autónoma de México, Universidade Internacional Menéndez Pelayo, Embaixada de Grecia en Suecia, Fundación Nacional de Investigacións de Grecia, Centro Nacional do Libro, etc.). Así mesmo, foi membro fundador e director de International Society forÁrcade e vicepresidente da Asociación de Bolseiros da FundaciónOnassis

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ. 

Ningún comentario: