24 de nov. de 2011

ABERTO O PLAZO DE SOLICITUDES PARA NOVAS 25 MARISCADORAS EN CAMBADOS.

Consellería do Mar anuncia novos permex de marisqueo en Cambados e O Grove 
A Consellería do Mar convocou 50 novos permisos de explotación para marisqueo a pé para a confraría do Grove e 25 pérmex para o colectivo de Cambados. 
Estas novas incorporacións, afirma a Consellería en nota de prensa, é unha aposta deste departamento da Xunta pola xeración de actividade e o incremento dos postos de traballo para a incorporación de xente nova ao marisqueo, especialmente no contexto de crise económica actual.
 
Para poder optar aos permisos de explotación, os solicitantes deben cumprir os requisitos esixidos no decreto 425/1993, de 17 de decembro e na Orde do 15 de Xullo de 2011 que regula o permiso de explotación para o marisqueo a pié e presentar a documentación requirida pola Consellería do Mar. 
Ou prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles desde hoxe.

Duotra banda o diario dixital Xornal Galicia  acusa a Rosa Quintana de favorecer o seu “amigo” Benito Pelea e segue a decir o diario “Nun comunicado que vai en detrimento de case todas as confrarías de Galicia a Consellería do Mar convoca 50 novos permisos de explotación para o marisqueo a pé para a confraría de seu amigo de Cambados.   
Estas novas incorporacións son unha mostra máis da aposta da Consellería do Mar pola falla de transparencia entregando servizos públicos ao largamente denunciado ante a xustiza por irregularidades e Patrón Maior de Cambados, Benito González Sieiro en detrimento do resto das confrarías galegas que so lle entrega a de Aldán e de Ferrol BOLARDOS de marisco contaminado”.
Esperemos que a confraria reparta os Permex atendose a legalidade vixente e non a cacicadas varias como nos teñen acostumados as autoridades de Cambados.


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: