24 de nov. de 2011

O CÉSAR O QUE É DO CÉSAR O BNG O QUE É DO BNG

Hoxe Domingo Tabuyo no periódico A Voz de Galicia na súa edición de Arousa fai balance do seu traballo no Congreso dos deputados xa que se reincorpora de novo a docencia e entre os logros del e do seu partido destaca a creación do cuarto xulgado para Cambados. Isto non é certo  ó menos en  grande parte e como todos sabemos non hai peor cousa que unha verdade a medias. Esta “criatura”, refírome o cuarto xulgado de Cambados ten uns “culpables” e eses non son outros que o sindicado nacionalista CIG liderada por Delmiro Duran e o asesormento do que vos escribe e o apoio dos demais funcionarios , avogados e procuradores,  e o BNG, e explícome. O CIG foi que liderou......
as primeiras reivindicacións  da falta dun cuarto xulgado para Cambados e as hemerotecas me remito e elas son testemuño  que da e quita razón, as reivindicacións da CIG  recolleunas o BNG quen grazas a Roque Duran daquela portavoz municipal fíxolla chegar a Bieito Lobeira parlamentario do BNG quen presentou a solicitude no Parlamento de Galicia e unha vez a comisión mixta Xunta-Tribunal Superior aprobou a creación do Xulgado o Ministerio de Xustiza confirmou tal solicitude. Os nacionalista foron en realidade os que conseguiron o cuarto xulgado para Cambados.


Grazas, en parte, a Roque Duran e Bieito Lobeira conseguiuse o cuarto xulgado para Cambados.


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: